GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta garante a continuidade das Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado, que se poden solicitar ata o 31 de agosto

(25/05/2020)

A Xunta garante a continuidade das Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado, que se poden solicitar ata o 31 de agosto

O Consello da Xunta autorizou a seguir coa tramitación da orde, que consiste nun pago único que busca axudar ás e aos que retornan a Galicia a facer fronte aos gastos derivados da súa volta.

 

As familias con nenas e nenos menores de idade recibirán 1.000 euros por cada un das e dos dous primeiros e 1.500 euros polo terceiro e sucesivos. 

 

Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta

Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta

 

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2020.

 

O Consello da Xunta vén de garantir a continuidade da convocatoria das Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado da Secretaría Xeral da Emigración, cuxo prazo de solicitudes remata o 31 de agosto. Poden acollerse a esta convocatoria as galegas e galegos que regresaran á comunidade desde o exterior nos últimos dous anos, xa que esta convocatoria busca darlles un apoio para que poidan facer fronte aos gastos extraordinarios derivados da súa volta a Galicia. Trátase dun pago único que conta cun orzamento total de 1,9 millóns de euros. O obxectivo desta orde do Goberno galego, que se mantén aberta desde o pasado 17 de marzo, é facilitar o retorno a aquelas e aqueles galegos que queiran regresar á súa terra, e inclúe un complemento de 1.000 euros para as familias por cada filla ou fillo menor de idade ata o segundo, e de 1.500 para o terceiro e sucesivos.

 

A solicitude destas axudas pode realizarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente no  Rexistro ordinario da Xunta. As persoas interesadas poden obter información no Portal Retorna da web da Secretaría Xeral da Emigración, Galicia Aberta - emigracion.xunta.gal, e nas propias sedes da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retornado, situadas en Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo, que seguen a atender e asesorar ao público a través do correo electrónico e do teléfono.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xullo 2020
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020. Información para o voto dos/as residentes no exterior 04/06/2020-12/07/2020

 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas