GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Embaixada de España en Colombia informa dun novo voo de retorno a España o próximo 29 de maio

(22/05/2020)

A Embaixada de España en Colombia informa dun novo voo de retorno a España o próximo 29 de maio


Redacción, Bogotá | 21 Maio 2020 - Crónicas da Emigración


A Embaixada de España en Colombia informou dun novo voo de retorno a España o próximo 29 de maio. A compañía Avianca realizará un voo Bogotá-Madrid, no que se dispoñerá de prazas para o retorno de cidadáns españois e de nacionais colombianos residentes en España.

A oficina diplomática explica que, como en anteriores ocasións, terán prioridade para abordar este voo as persoas que se atopan temporalmente en Colombia, por orde de data da súa respectiva solicitude, e as situacións de carácter humanitario e/ou de extrema necesidade.

A Embaixada de España tamén especifica que, a partir do luns 25 de maio, informarase sobre o procedemento para a compra de billetes.

Os interesados neste voo deberán enviar á dirección de correo cog.bogota@maec.es os seguintes datos:

• Nome e apelidos, tal e como figuran no pasaporte.

• Nacionalidade.

• Data de nacemento

• Número de pasaporte español

• Número de DNI español

• En caso de nacionalidade colombiana, número de TIE.

• Teléfono de contacto con código do país e prefixos.

• Email de contacto.

• Data de chegada a Colombia.

• Motivo da súa visita a Colombia.

• Cidade na que se atopa en Colombia.

• Motivo polo que desexa regresar con urxencia a España.

A Embaixada de España lamenta “profundamente as actuais circunstancias e as dificultades que están a atopar moitos cidadáns españois para o seu pronto regreso ao noso país, e estamos a facer todo o posible para tratar de resolvelas, dentro das nosas posibilidades”.

Por último, indica aos interesados neste voo que permanezan atentos á web da Embaixada, apartado ‘O Consulado informa’, onde se actualizará permanentemente a información dispoñible.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas