GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social rexistrou 1.971.060 ocupados estranxeiros ao 30 de abril

(21/05/2020)

A Seguridade Social rexistrou 1.971.060 ocupados estranxeiros ao 30 de abril



trabajador sector agrario

 

Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

21/05/2020


-O último día do mes rexistráronse 4.668 afiliados estranxeiros máis que o día 1, o que supón un aumento de 0,24%

 

-A afiliación de estranxeiros creceu entre o día 1 e o 30 de abril en oito comunidades autónomas, encabezadas por Baleares (9,33%), Aragón (6,11%) e Murcia (4,01%)

 

-O Sistema Especial Agrario conta con 10.881 ocupados máis

 

-Os afiliados estranxeiros supuxeron en abril un 10,69% do total de ocupados

 

A Seguridade Social rexistrou 1.971.060 afiliados estranxeiros ao 30 de abril, o que supuxo un aumento de 4.668 traballadores máis que a primeiros dese mes (0,24%). Debido ao impacto da pandemia provocada pola COVID-19 a mediados de marzo, a evolución diaria resulta máis ilustrativa que a media mensual para valorar a marcha do mercado de traballo.

 

Se se analiza o comportamento da afiliación media, vese un retroceso de 101.377 respecto a marzo, ata un nivel de 1.972.552 traballadores.

No conxunto do sistema da Seguridade Social, os ocupados estranxeiros representaron un 10,69% do total de media.
Por primeira vez desde outubro de 2014, a variación interanual é negativa, cun -5,46%. A afiliación deste colectivo restou de media 113.848 activos respecto a abril do ano pasado.

Do 1 ao 30 de abril

Se tomamos en consideración a evolución da afiliación ao longo do mes, entre o día 1 e o 30 de abril, o Réxime Xeral sumou 6.702 ocupados foráneos. En concreto, destaca o bo comportamento do Sistema Especial Agrario, que rexistrou 10.881 ocupados máis, mentres que o Sistema Especial do Hogar restou 6.091. Sen estes sistemas especiais, o Réxime Xeral sumou 1.912 afiliados.


dia a dia

 

O Réxime de Autónomos, pola súa banda, perdeu afiliados entre os estranxeiros, xa que rexistrou 2.136 menos ao longo do mes. O Réxime do Mar sumou 104 e o do Carbón perdeu 2.

A evolución da afiliación foi desigual por comunidades autónomas. Oito delas sumaron afiliados entre o 1 e o 30 do mes, encabezadas polas Illas Baleares (9,33%), Aragón (6,11%) e Murcia (4,01%). No outro extremo sitúanse Canarias (-2,09%) e as cidades autónomas de Melilla (-14,53%) e Ceuta (-13,2%).

variacion

 

 

Afiliación media

Os datos de afiliación media de estranxeiros reflicten en abril un descenso de 101.377 ocupados respecto a media de marzo (-4,89%), ata os 1.972.552. A afiliación media sobe en Illas Baleares (1,79%) e baixa no resto das comunidades autónomas, con especial incidencia en Canarias (-9,25%), Cantabria e C. Valenciana, ambas as dúas cunha caída do 6,11%.

Do conxunto de ocupados foráneos, 1.220.052 procedían de países de fóra da UE e o resto (752.500), de países comunitarios. Dese total, 1.102.250 eran homes e 870.302, mulleres.

Os grupos de traballadores estranxeiros máis numerosos foron os de persoas procedentes de Romanía (329.951), Marrocos (253.624), Italia (119.181) e China (78.442). Seguíronlles os traballadores nacionais de Colombia (70.089), Ecuador (66.551), Reino Unido (64.971), Venezuela (63.616) e Bulgaria (60.510). Tamén se rexistraron máis de 50.000 afiliados procedentes de Portugal (53.016).

Por réximes, como é habitual, a maioría dos afiliados estranxeiros encadrouse no Réxime Xeral, con 1.627.524 traballadores (inclúe o Sistema Especial Agrario, con 234.702 ocupados, e o de Hogar, con 160.878). Seguiulle o Réxime de Autónomos con 340.745 afiliados; o Réxime Especial do Mar, con 4.247, e o do Carbón, con 36.

O Réxime Xeral restou de media no mes un 5,49% de afiliados estranxeiros. Todos os sectores perderon afiliados estranxeiros salvo Actividades Sanitarias (3,12%) e o Sistema Especial Agrario (1,45%). Os sectores que máis ocupados perderon foron Construción (-14,61%) e Administración Pública (-10,04%).

O Réxime Especial de Traballadores Autónomos, pola súa banda, restou un 1,97% dos seus afiliados foráneos no último mes.

Variación interanual

A afiliación media deste colectivo restou 113.848 activos respecto a abril do ano pasado. Por primeira vez desde outubro de 2014, a variación interanual de ocupados estranxeiros situouse en negativo, cun -5,46%. A maioría das comunidades autónomas perden afiliados estranxeiros no último ano, en especial I. Baleares (-15,16%) e I. Canarias (-10,83%). Tan só soben en Navarra (1,13%) e País Vasco (0,27%).

No Réxime Xeral, o número de traballadores estranxeiros rexistrado restou un 6,75% no último ano, mentres que entre os autónomos suman un 1,27%.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas