GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O CERA increméntase en 755 persoas de decembro a marzo

(20/05/2020)

O CERA increméntase en 755 persoas de decembro a marzo

| 18 Maio 2020 - Crónicas da Emigración


O número de galegos no exterior que podería concorrer á probable cita electoral do próximo 12 de xullo elévase a 461.650, segundo datos do CERA (Censo Electoral de Residentes Ausentes) do pasado marzo, o mes do que se extraería o censo no caso de convocarse as eleccións este mércores 20.

A cifra eleva en 755 o número de persoas rexistradas con respecto á cita electoral de abril que houbo que suspender.

Dos 461.650 contabilizados no CERA ao 1 de marzo deste ano, un total de 159.664, están inscritos na provincia da Coruña (244 máis que na convocatoria de abril); 133.499, en Pontevedra (173); 101.070, en Ourense (205), e 67.417, en Lugo, que rexistra 133 rexistrados máis.

Arxentina rexistra o maior número de coruñeses no censo do exterior (56.630), seguido a distancia de Uruguai (18.823), Suíza (16.230), e Cuba, que contabiliza 11.266.

Na provincia de Lugo, destacan os 31.660 de Arxentina e 14.412 de Cuba. A moita distancia figuran Venezuela, Uruguai, Estados Unidos, Suíza e Francia, con máis de dous mil censados cada país.

Polo que respecta a Ourense, contabiliza 29.331 en Arxentina, 12.876 en Cuba, 8.960 en Venezuela, 7.814 en Suíza, 6.246 en México e 4.738 en Alemaña.

Por último, Pontevedra rexistra 47.637 ciudadados rexistrados no CERA en Arxentina, 21.596 en Brasil, 11.982 en Uruguai, 7.651 en Venezuela, 6.511 en Suíza, 5.529 en Alemaña e 5.289 en Francia. Por baixo desta cifra destacan Estados Unidos, Rein Unido, México e Portugal.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Setembro 2020
LMMeXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930    
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas