GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Consulado de España en Venezuela anuncia un novo voo chárter Caracas-Madrid para o 23 de maio

(14/05/2020)

O Consulado de España en Venezuela anuncia un novo voo chárter Caracas-Madrid para o 23 de maio


Redacción, Caracas | 13 Maio 2020 - Crónicas da Emigración


O Consulado Xeral de España en Venezuela informou na súa conta de twitter que “tras varias xestións, coordinouse un novo voo chárter comercial Caracas-Madrid de retorno para o 23 de maio, nesta ocasión, exclusivamente para españois residentes en España e bloqueados en Venezuela por cancelacións de voos”.

A oficina diplomática explica tamén que a única vía para recibir máis información e adquirir a pasaxe é figurar na lista de afectados do Consulado e, engade, “se é español e aínda non enviou os seus datos, escriba urxentemente a cog.caracas@maec.es. Se xa está incluído, espere a recibir a información por correo”.

Como en casos anteriores, xestionaranse salvoconductos das autoridades venezolanas e tentarase facilitar os traslados de quen se atope no interior do país coa axuda da Rede Consular Honoraria española. “Rogamos paciencia e responsabilidade a todos os afectados”, conclúe o comunicado do Consulado.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas