GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O PSDEG-PSOE de Ourense informa que os retornados que soliciten un certificado da súa pensión a Deutsch Rentenversicherung xa quedan rexistrados

(13/05/2020)

O PSDEG-PSOE de Ourense informa que os retornados que soliciten un certificado da súa pensión a Deutsch Rentenversicherung xa quedan rexistrados

 



A Rexión Internacional 09/05/2020


O PSDEG-PSOE de Ourense informa que os retornados que soliciten un certificado da súa pensión a Deutsch Rentenversicherung xa quedan rexistrados.

A Secretaría Provincial de Emigración do PSDEG-PSOE de Ourense lembra aos emigrantes retornados que cobren só e exclusivamente pensión dese país, e ningunha de España ou doutro país, que para a declaración da renda 2019 teñen a obrigación de presentar o certificado da Seguridade Social de Alemaña.

O secretario provincial de emigración do PSdeG-PSOE, Luís Gulín, mantivo unha reunión telepática cos técnicos da Seguridade Social de Alemaña, (Deutsche Renteversicherung). Nese encontro, Luís Gulín foi informado das novidades que afectan os emigrantes retornados do país xermano.

Agora os retornados que soliciten un certificado da súa pensión a Deutsche Rentenversicherung para presentar á Axencia Tributaria de España, xa quedan rexistrados. Cada ano, automaticamente, enviaranlle ao interesado o correspondente Certificado, sen necesidade de solicitalo expresamente.

Nese documento especificarase o que realmente cobran en pensión bruta e o que queda Alemaña da pensión para o seguro médico e o seguro de dependencia. Non vale o simple certificado do banco co realmente cobrado e ingresado na conta bancaria.

Os retornados deben solicitar o certificado só por correo electrónico a post@drv-rheinland.de, indicando nome e apelidos, o número da Seguridade Social de Alemaña e a petición de enviar o certificado de ingresos do ano 2019. O certificado enviaranllo á dirección postal que consta en Alemaña do asegurado. Para axilizar o trámite é preferible facelo en alemán.

O modelo en alemán está ao dispor dos interesados na Secretaría Provincial de Emigración do PSDEG-PSOE de Ourense e pódese solicitar no correo  cp-ourense@psdeg-psoe.org.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas