GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Ministerio do Interior establece restricións de entrada nas fronteiras interiores en portos e aeroportos

(13/05/2020)

O Ministerio do Interior establece restricións de entrada nas fronteiras interiores en portos e aeroportos


Redacción, Madrid | 13 Maio 2020 - Crónicas da Emigración



O ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska, ditou unha orde pola que se establecerán a partir do próximo venres, 15 de maio, restricións de entrada en territorio nacional nas fronteiras interiores en portos e aeroportos (para voos e barcos con orixe en países do espazo Schengen).

Estas restricións súmanse ás adoptadas xa nas fronteiras terrestres con Francia e Portugal e ás restricións de entrada de viaxeiros polas fronteiras exteriores (con orixe en países de fóra do espazo Schengen) en portos e aeroportos.

En virtude da orde que foi publicada no Boletín Oficial do Estado, a partir das 00.00 horas do 15 de maio só poderán acceder a territorio nacional polas fronteiras interiores en portos e aeroportos:

1. Cidadáns españois.

2. Residentes en España, debendo acreditar a súa residencia habitual.

3. Traballadores transfronteirizos.

4. Profesionais sanitarios ou do coidado de maiores que se dirixan a exercer a súa actividade laboral.

5. Aquelas que acrediten documentalmente causas de forza maior ou situación de necesidade.

Tamén poderá acceder por estas fronteiras o persoal estranxeiro acreditado como membro das misións diplomáticas e as persoas que se trasladen a España por “motivo exclusivamente laboral, sempre que se acredite documentalmente”.

Así mesmo, co fin de asegurar a continuidade da actividade económica e de preservar a cadea de abastecemento, estas medidas non serán aplicables “ao transporte de mercadorías, incluíndo os tripulantes dos buques, a fin de asegurar a prestación dos servizos de transporte marítimo e a actividade pesqueira, e o persoal aeronáutico necesario para levar a cabo as actividades de transporte aéreo comercial”.

Esta medida entrará en vigor ás 00.00 horas do próximo 15 de maio e estará vixente ata as 24.00 horas do 23 de maio, sen prexuízo de posibles prórrogas.

Protección da saúde

O obxectivo prioritario desta medida é afianzar a contención da expansión do Covid-19. A orde sinala que o alzamento progresivo das medidas de confinamento vixentes “podería conlevar que persoas residentes no exterior decidan viaxar ao noso país”.

“Tendo en conta que, durante o proceso de desescalada, aplícase aos residentes en España a restrición de movementos interprovinciales, considérase conveniente limitar tamén o acceso a tales demarcacións desde outros Estados membros por vías aérea e marítima”, indica a resolución, antes de engadir que “o mero feito de posuír unha vivenda non acredita a residencia en España”.

Esta medida adóptase en virtude do artigo 25 do Código de fronteiras Schengen.

O restablecemento dos controis nas fronteiras interiores de España con Francia e Portugal entrou en vigor o pasado 17 de marzo mentres que a restrición do acceso de viaxeiros a través das fronteiras exteriores de España en portos e aeroportos púxose en marcha o 23 de marzo.

O 23 de marzo tamén se estableceu o peche, con carácter temporal, dos postos terrestres habilitados para a entrada e a saída de España a través das cidades de Ceuta e Melilla.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas