GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A compañía Iberia está a organizar tres voos de Buenos Aires a Madrid para a segunda quincena de maio

(11/05/2020)

A compañía Iberia está a organizar tres voos de Buenos Aires a Madrid para a segunda quincena de maio


Redacción, Buenos Aires | 09 Maio 2020 - Crónicas da Emigración


A Embaixada de España en Arxentina anunciou que a compañía Iberia, en colaboración cos gobernos arxentino e español, está a organizar tres voos de Buenos Aires a Madrid que sairían durante a segunda quincena deste mes de maio. Os voos están pendentes da autorización por parte do Goberno arxentino.

A Embaixada informa que, “no seu momento, Iberia venderá as pasaxes a través do seu circuíto habitual (call center)”. Aclara que, por razóns técnicas, nin a Embaixada nin os Consulados de España venden pasaxes nin poden asegurar prazas, aínda que si facilitarán a toma en consideración de casos de natureza humanitaria ou especial. Explica, así mesmo, que “os prezos serán os habituais nestes voos de Iberia, que non acepta endosos de pasaxes doutras compañías”.

No comunicado emitido pola delegación diplomática, tamén se especifica que os consulados xerais de España facilitarán, na medida do posible, o traslado ao aeroporto de Ezeiza –en Buenos Aires– dos españois que se atopen en calquera outra provincia arxentina.

A Embaixada conclúe o seu comunicado, publicado na súa conta de twitter, dicindo que “en canto sexa posible, comunicaranse por esta mesma vía as datas e horas destes voos. Ata entón, rógase non chamar ao call center de Iberia, porque os voos non están á venda nin é posible de momento informar sobre eles”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas