GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta axiliza e amplía as axudas ás galegas e galegos do exterior para dotalos de maior respaldo económico ante a crise do coronavirus

(05/05/2020)

A Xunta axiliza e amplía as axudas ás galegas e galegos do exterior para dotalos de maior respaldo económico ante a crise do coronavirus

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro telemático coa Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

 

O Goberno galego aprobou dar continuidade ao programa de apoio para gastos de funcionamento ás entidades galegas no exterior, que se incrementará nun 50%.

 

O Consello da Xunta deu luz verde á continuación da tramitación das Axudas Económicas Individuais para os galegos e galegas do exterior en situación de necesidade, cuxa resolución se axilizará o máximo posible para dotarlles de recursos básicos.

 

O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración, durante a videoconferencia celebrada esta tarde

O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración, durante a videoconferencia celebrada esta tarde

 

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2020.

 

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, vén de anunciar aos galegos e galegas do exterior os mecanismos que está a artellar o Goberno galego para dotarlles de recursos que lles axuden a afrontar con garantías a actual crise derivada da pandemia do coronavirus. 

 

Rueda, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro telemático cos e coas membros da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, o órgano de representación dos galegos e as galegas do exterior, a través dunha videoconferencia na que lles adiantou as medidas tomadas ata o momento e coñeceu máis de preto a situación que están a vivir nos diferentes países e continentes con maior presenza galega. Trátase da segunda xuntanza virtual que mantén o Executivo autonómico con este órgano consultivo, que xa celebrou un primeiro encontro presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o pasado 22 de abril.

 

O vicepresidente do Goberno galego trasladou, así, ás e aos membros da Comisión Delegada a decisión do Consello da Xunta de seguir tramitando as Axudas Económicas Individuais, o que permitirá á Secretaria Xeral da Emigración axilizar a súa resolución para dotar de recursos ás cidadás e aos cidadáns galegos que residen no exterior e se atopan en situación de necesidade. O obxectivo desta medida é reducir o impacto que a pandemia do coronavirus ameaza con deixar neste sector da poboación galega un dos máis vulnerables.

 

O Executivo autonómico autorizou, así mesmo, a continuidade das axudas que a Secretaría Xeral da Emigración destina a financiar os gastos de funcionamento dos centros galegos no exterior, que o departamento dirixido por Miranda incrementará nun 50%. Este aumento pretende colaborar coas entidades dedicadas á difusión da cultura e tradición galegas situadas fóra da comunidade, a paliar a falta de ingresos que están a experimentar por mor do peche das súas sedes e a suspensión das súas actividades presenciais, así como a suspensión das cotas das persoas asociadas en moitos dos casos. 

 

Axudar a detectar os casos de máis necesidade

 

Alfonso Rueda agradeceu aos galegos e galegas do exterior a rede de solidariedade que forman nos diferentes países nos que hai poboación galega, fundamental para detectar os casos de persoas galegas que se atopan nunha situación de necesidade fóra das nosas fronteiras. Agradeceu o seu labor e reafirmou o compromiso da Xunta con todas e todos eles.

 

Miranda, pola súa banda, amosou a “preocupación coa que o Goberno galego está a seguir a evolución do coronavirus nos diferentes países con poboación galega", e salientou "a importancia de adiantarse ás súas consecuencias para poder previla”. 

 

Consello de Comunidades Galegas

 

Trala renovación da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas en decembro de 2019, o órgano da emigración está integrado polo Centro Cultural y Deportivo Valle Miñor de Montevideo (O Uruguai), a Asociaçao Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago de Salvador de Bahía (O Brasil), a Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas de Bos Aires (A Arxentina) e a Sociedad Cultural Rosalía de Castro de La Habana (Cuba) por América; o Centro Cultural Galego de Cuxhaven (Alemaña), o Centro Galego de Londres (O Reino Unido), o Centro Galego de Lisboa (Portugal) e a Asociación "As Xeitosiñas" de Zurich (Suíza), por Europa; e o Centro Gallego de Salamanca, o Lar Gallego de Sevilla, o Centro Galego de Castellón, "O Aturuxo", e a Unión de Asociacións Galegas de Cataluña (Augalcat) por España. Como membros natos do organismo permanecen a Casa de Galicia de Montevideo (O Uruguai) e a Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas) por contar con máis de 20.000 persoas asociadas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas