GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Arrincaron os cursos online de folclore galego que impulsa a Secretaría Xeral da Emigración

(28/04/2020)

Arrincaron os cursos online de folclore galego que impulsa a Secretaría Xeral da Emigración


Mariana Ruiz, Buenos Aires | 28 Abril 2020 - Crónicas da Emigración


Alberto López

Alberto López: director da banda de gaitas do Centro Galicia de Buenos Aires e da Asociación de Residentes de Mos.

 

Con máis de 600 participantes en liña, arrincou este luns, o taller de percusión a man e canto galego, un dos catro cursos abertos, a distancia, que impulsa a Secretaría Xeral de Emigración.

Aula GaliciaAberta, como se denomina esta iniciativa, nace coa finalidade de manter a actividade formativa e divulgativa da cultura galega en todo o mundo, no contexto desta pandemia de COVID-19 e as medidas de illamento social impostas nun gran número de países que tentan frear a transmisión da enfermidade.

Ao longo de 10 sesións desenvolveranse catro seminarios en liña sobre distintas disciplinas relacionadas co patrimonio inmaterial de Galicia: percusión a man e canto tradicional galego, a cargo de Leni Pérez; percusión tradicional, ditado por Alexandre Fernández Castro; gaita, por Jhonathan Ferreira Vázquez; e baile galego, a cargo de José Antonio Viñas.

Graciela Romero, que forma parte da Asociación Residentes de Vedra e dirixe o conxunto de Mouchos e Coruxas, comezou este luns para transitar o taller que dita Leni Pérez.

“Creo que vai ser moi bo percorrer este camiño”, asegurou en diálogo con ‘Crónicas da Emigración’. Romero valorou tamén “a calidade” das clases e a modalidade semanal. “Que as clases sexan semanais permíteche practicar ata a seguinte sesión e pódense aproveitar máis”, apuntou.

O taller de percusión a man e canto terá lugar todos os luns de 15 a 16,00 horas (hora local).

Este martes, arrinca o taller de percusión tradicional, a cargo do profesor Alexandre Fernández Castro, cos mesmos horarios: de 15 a 16,00 horas (hora arxentina) a clase, e de 16 a 17,00 horas para responder en liña ás preguntas dos participantes.

Gastón Peralta, a cargo do grupo de percusión do Centro Arzuán Mellidense de Buenos Aires, xa ten todo preparado. “Armeime unha aula: teño listo o computador, os parlantes, o bombo e o caderno para notacións”, comentou en diálogo con ‘Crónicas da Emigración’.

“Coñezo a Alexandre –afondou– e sei que é unha persoa moi capacitada no que fai por iso teño moitas ganas de aprender o que teña para dar”.

O vindeiro mércores comezará o taller de gaita galega, a cargo do profesor Jhonathan Ferreira Vázquez

Alberto López é profesor de gaita e percusión en dúas asociacións galegas: o Centro Galicia de Buenos Aires e a Asociación Galega de residentes de Mos en Buenos Aires.

El ten intención de participar nos catro talleres. “Como docente en dúas institucións paréceme ben estar capacitado en todas as áreas”, sinalou en diálogo con esta publicación.

“A miña expectativa –avanzou­– é incorporar coñecementos, en calquera dos rubros, pero especialmente rescatar material, técnicas e tips para o ensino”.

“Aínda que haxa moitas cousas que un xa sabe e, inclusive, insignia ­–agregou– sempre se aprenden cousas novas, exercitacións específicas, certas técnicas. Ademais, sempre hai que estar actualizado”.

Finalmente, o vindeiro xoves, arrincará o curso de bailes tradicionais galegos. “Eu busco outras formas de ensinar, non tanto de aprender”, apunta en diálogo con esta publicación Nicolás Rodríguez Pérez, bailarín e a partir deste ano director do corpo de bailes do Centro Arzuán Mellidense.

“Á hora de tomar este tipo de cursos, cada profesor ten unha forma distinta de ensinar e sempre hai cousas novas para aprender, un novo método de como levar un ensaio, tips”, reflexionou.

Os talleres son de carácter público e gratuíto, non precisan inscrición e están dirixidos non só aos alumnos xa existentes de calquera das materias nas distintas entidades galegas diseminadas polo mundo, senón tamén a aquelas persoas que, a pesar de non ter coñecementos previos, queiran achegarse a estas disciplinas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas