GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

José Julio Rodríguez nomeado subdirector xeral de Emigración

(22/04/2020)

José Julio Rodríguez nomeado subdirector xeral de Emigración

 

Redacción, Madrid | 21 Abril 2020 - Crónicas da Emigración 

 

José Julio Rodríguez.

José Julio Rodríguez.


José Julio Rodríguez foi nomeado subdirector xeral de Emigración, desde onde se encargará da atención aos españois no exterior, así como dos retornados.

Rodríguez, que substitúe no cargo a Yolanda Gómez, tamén ten entre as súas funcións o recoñecemento e xestión de prestacións económicas e axudas asistenciais destinadas a españois no exterior e retornados; a asistencia sanitaria, no seu país de residencia, aos españois de orixe beneficiarios de prestacións económicas; a xestión dos programas de subvencións e axudas destinados aos españois no exterior e retornados; e a coordinación funcional da actuación dos órganos periféricos da Administración Xeral do Estado con competencias en materia de emigrantes retornados.

O novo subdirector xeral leva moitos anos vinculado ao mundo da emigración. Desempeñou diferentes cargos na Dirección Xeral de Migracións e na Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración. Ademais, desempeñou o cargo de conselleiro de Emprego e Seguridade Social en México.

Ademais, escribiu xunto con Branca Azcárate, o libro ‘Pasaxeiros de Terceira Clase’, sobre os inspectores de emigración nos barcos.

José Julio Rodríguez é licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca e estudou xornalismo na Universidade Complutense de Madrid. Foi director de revístaa ‘Carta de España’ durante 6 anos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas