GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As xestións de Exteriores e a Embaixada de España en Perú facilitaron o regreso de 200 viaxeiros españois

(16/04/2020)

As xestións de Exteriores e a Embaixada de España en Perú facilitaron o regreso de 200 viaxeiros españois


Redacción, Lima | 16 Abril 2020 - Crónicas da Emigración


Un momento de la organización del vuelo de regreso a España.

Un momento da organización do voo de regreso a España.

 
As xestións do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, da Embaixada de España en Perú e do Consulado español en Lima facilitaron este martes o regreso a España, nun voo especial de Iberia, de máis de 200 viaxeiros españois.

 

O persoal da Embaixada e do Consulado realizaron o traslado de máis de 200 pasaxeiros (españois, da UE e peruanos residentes) ao Grupo Aéreo Nº 8 para tomar o avión que os conduciu de retorno a España.

 

Este voo foi o quinto que despegou de Lima grazas ás coordinacións entre os gobernos de España e Perú e os seus respectivos ministerios de Exteriores para obter os permisos especiais que permitiron que poidan levarse a cabo.

O vindeiro sábado, 18 de abril, está programado un novo voo (o sexto), que será o último, seguindo as medidas sanitarias ditadas polas autoridades peruanas. A Embaixada de España publicou un aviso nas súas redes sociais para advertir sobre este último voo: “Cidadáns e cidadás doutros países membros da UE poden viaxar no voo organizado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación de España do día 18 de abril, tal e como o fixeron en voos anteriores. A tramitación e inscrición debe facerse obrigatoriamente a través da Embaixada do seu país en Perú. Non se incluirán solicitudes que non se recibiron a través das diferentes Embaixadas de países da UE en Perú”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xullo 2020
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020. Información para o voto dos/as residentes no exterior 04/06/2020-12/07/2020

 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas