GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

González Laya cifra en 23.000 os españois “que xa acompañamos a retornar a España”

(16/04/2020)

González Laya cifra en 23.000 os españois “que xa acompañamos a retornar a España”


E. C., Vigo | 15 Abril 2020 - Crónicas da Emigración


Los ministros Grande Marlaska y González Laya, durante su comparecencia.

Os ministros Grande Marlaska e González Laya, durante a súa comparecencia.

 

A ministra de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, Arancha González Laya, cifrou en 23.000 os españois “que xa acompañamos a retornar a España”. Na rolda de prensa que ofreceu este martes, González Laya lembrou que esta semana se espera a chegada de voos desde Arxentina e Perú, un país este último desde o que xa serían 1.300 os españois que retornaron. Ademais, explicou, está previsto o retorno desde Helsinqui de 40 erasmus. “Eu sei que os erasmus son unha preocupación moi particular para moitas familias españolas”, dixo González Laya, quen asegurou que “están a volver, como tamén o están facendo da República Checa, de Bulgaria, así como de españois que se atopaban en Ruanda, Sudáfrica e Exipto”.

González Laya explicou que había máis de 20.000 estudantes erasmus en países da UE e a maior parte deles retornaron xa, aínda que quedan tamén pequenos grupos de estudantes en países europeos. “Inicialmente, algúns deles preferiron quedar no seu país e non retornar a España. É o caso dos 40 que están en Finlandia que volven esta semana, pero, a medida que pasa o tempo, hai algúns que queren volver que é cando nós os acompañamos”, dixo a ministra, quen lembrou que outros decidiron seguir no país europeo onde están. “Cada vez que hai un grupo ou algún deles que decide volver a España nós o que facemos é acompañalos neste regreso”, matizou González Laya.

A titular de Exteriores asegurou que nos próximos días imos ver a chegada de avións procedentes de Arxentina, Perú, Filipinas –“un país onde tivemos grandes dificultades para axudar aos españois para retornar a España”–, Guinea Ecuatorial, Cabo Verde e, probablemente, Australia. “Todo isto facémolo en cooperación coa Unión Europea e en solidariedade con outros países membros da Unión Europea, nós dámoslles espazo nos avións que fretamos por nós e eles dan espazo nos seus avións a cidadáns que queren retornar”, asegurou a ministra.

González Laya tamén concretou que o avión que retorna a españois desde Filipinas partiría o 23 de abril. “Foi un destino tremendamente complicado para organizar o retorno porque os españois estaban repartidos por todo o país, que é un país arquipélago, con enormes distancias e no que o Goberno introducira moitas restricións á mobilidade dentro do país. O que conseguimos finalmente, a través dun diálogo co Goberno, é establecer corredores e concentrar aos cidadáns en puntos específicos que será onde os recollerá o avión o día 23”, asegurou.

Na súa intervención, a ministra tamén falou do plan Aloxa, “o sistema de aloxamento voluntario de emerxencia que puxemos en vigor fai un par de semanas” e lembrou que “xa conta con 300 ofertas de aloxamentos voluntarios por españois en países terceiros e demanda por parte de 200 españois que se atopan no estranxeiro e que necesitan dun aloxamento temporal”.

A preguntas dos xornalistas, a ministra González Laya lembrou que, aínda que Arxentina e Marrocos restrinxiron a mobilidade dos cidadáns e pechado as súas fronteiras, “iso non foi óbice para que os cidadáns españois poidan regresar” e lembrou que no caso de Arxentina estaba previsto a chegada dun avión para este martes e sairá un avión de España dentro de dous días que regresará con españois en Arxentina. No caso de Marrocos, o último avión chegou a España hai unha semana e estamos a examinar se hai que volver organizar outro, “todo isto colaborando coas autoridades locais”.

A ministra González Laya tamén falou da preparación do Consello Europeo do próximo 23 de abril no que participará o presidente Pedro Sánchez e que ten dous obxectivos fundamentais. Por unha banda, aprobar un orzamento para sete anos, tendo en conta as prioridades pos Covid-19 e, por outro, establecer un plan de choque europeo para impulsar a economía e o emprego. “Estamos nunha crise global, da que non se libra ningún país, unha crise sen precedentes” na que, polo momento, “prevalecen as incertezas”.

A titular de Exteriores tamén fixo referencia ao Plan Español de Cooperación Internacional como resposta ao Covid-19 que España está a facer en coordinación co sistema de Nacións Unidas (ONU) e a Unión Europea (UE), que presentou unha proposta conxunta para apoiar aos países máis desfavorecidos.

“Tamén estamos a colaborar con países de América Latina e do Caribe, achegando nosa humilde experiencia na xestión e a loita contra o Covid”, dixo González Laya, quen asegurou que “estamos a poñer á súa disposición todo o que aprendemos en temas de reconversión de produción industrial para producir equipos sanitarios”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas