GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os estranxeiros poderán tramitar por Internet o seu cartón de residencia

(06/04/2020)

Os estranxeiros poderán tramitar por Internet o seu cartón de residencia

 

A plataforma Mercurio xa ten habilitado o procedemento

 

 


A Coruña 04/04/2020

 

A Subdelegación do Goberno anunciou que A Coruña é unha das provincias que activou o procedemento para permitir aos cidadáns tramitar o cartón de residencia de familiar de cidadán da Unión Europea a través de Internet, co obxectivo de evitar desprazamentos.

 

Desde o xoves 2 de abril os españois, así como a cidadanía en xeral da Unión Europea residente na provincia da Coruña, poderá formular os trámites para residencia de estranxeiros familiares de cidadáns da Unión Europea e de reagrupación familiar de estranxeiros residentes mediante unha solicitude telemática.

 

O Ministerio de Política Territorial e Función Pública habilitou na plataforma Mercurio do seu portal de Internet o procedemento para obter o cartón de residencia de «familiar de cidadán da Unión Europea», unha das máis solicitadas. Tamén se activou recentemente o procedemento para a solicitude do proceso de «reagrupación familiar» por parte de estranxeiros residentes en España.

 

Estes procedementos súmanse aos xa habilitados na devandita plataforma Mercurio e dispoñibles na provincia da Coruña, tales como renovacións e modificacións de autorizacións de residencia e de traballo, autorizacións de residencia de longa duración, solicitudes iniciais de estancia por estudos e as súas prórrogas.

 

Deste xeito, xa non é necesario desprazarse á Oficina de Estranxeiría da Coruña nin a ningunha das comisarías de Policía da provincia para completar a maioría dos trámites de estranxeiría.

 

Para acceder a estes servizos o interesado debe dispor dun certificado dixital de usuario, estar inscrito no sistema Cl@ve, ou ben confiar a xestión nun profesional do colexio de graduados sociais ou de xestores administrativos.

 

Durante o período de estado de alarma, os prazos e termos dos procedementos administrativos están en suspenso pero a Oficina de Estranxeiría da Coruña segue recibindo solicitudes, impulsando a tramitación de todo tipo de procedementos e admitindo a documentación que os interesados decidan achegar.

 

Doutra banda, aínda que a Oficina de Estranxeiría suspendeu os seus servizos de atención presencial, responde a dúbidas e consultas no seu correo electrónico «oficina_extranjeria.acoruna@correo.gob.es».

 

Quen tivesen asignada cita previa neste período poden presentar a súa solicitude a través dos medios electrónicos habilitados pola Administración, e entre eles de xeito excepcional, o Rexistro Electrónico Común da Administración.

 

A Subdelegación do Goberno na Coruña transmite o seu compromiso de garantir durante o estado de alarma os dereitos dos cidadáns e a prestación dos servizos públicos «sen necesidade de desprazamentos».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas