GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Polonia, Hungría e República Checa violaron as regras da UE por negarse a acoller refuxiados

(03/04/2020)

Polonia, Hungría e República Checa violaron as regras da UE por negarse a acoller refuxiados

Os tres países non aceptaron recibir aos demandantes de asilo chegados a Italia e Grecia durante a crise migratoria do 2015

 

Una niña llora asustada al llegar a la costa de Lesbos desde Turquia

Unha nena chora asustada ao chegar á costa de Lesbos desde Turquia

 


03/04/2020

 

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) deu este xoves a razón a Bruxelas no seu pulso con Hungría , Polonia e República Checa por negarse a cumprir coas súas obrigacións de acollida de refuxiados fixadas no programa creado no 2015 para trasladar con urxencia ao resto de países da UE a miles de demandantes de asilo chegados a Italia e Grecia.

 

Na súa sentenza deste xoves, o tribunal con sede en Luxemburgo considera que eses tres países incumpriron  as súas obrigacións derivadas do Dereito da UE ao negarse a acoller no seu territorio demandantes de asilo.

 

O TJUE afirma que Hungría, Polonia e República Checa non poden invocar o mantemento da orde pública e a salvaguardia da seguridade interior como motivos para non respectar o mecanismo temporal que os países do club comunitario aprobaron en setembro do 2015, co gallo da crise migratoria.

 

A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leien, asegurou hoxe nunha rolda de prensa que a sentenza é «importante» e que aínda que se refire ao pasado, servirá de guía para o futuro». O Executivo comunitario ten previsto presentar a súa nova estratexia migratoria despois de Semana Santa.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas