(30/03/2020)
Emigración reforza a atención aos galegos do exterior con máis teléfonos e correos electrónicos para consultas
Redacción, Santiago | 28 Marzo 2020 - Crónicas da Emigración
A Secretaría Xeral de Emigración publicou na súa web galiciaaberta unha importante información de interese para os galegos do exterior, con teléfonos e correos electrónicos de contacto para consultas de todo tipo que responderá o departamento de Emigración da Xunta.
A Secretaría Xeral que dirixe Antonio Rodríguez Miranda afirma que “a Xunta de Galicia está, hoxe máis que nunca, á beira de todos os galegos que residen no exterior. Nestes momentos de especial dificultade, Galicia está pendente de todos os galegos que están a vivir as consecuencias desta pandemia mundial desde os seus distintos países de acollida, polo que acaba de reforzar a súa atención aos seus, estean onde estean”.
Así, a pesar de que a atención presencial ao público da Secretaría Xeral de Emigración permanecerá suspendida mentres dure a situación actual en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa ( CECOP), sobre as medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico, como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus, “a atención aos galegos e galegas do exterior continúa activa, prestándose con máis intensidade e dedicación, se cabe”, explica a Secretaría Xeral.
Todas as consultas, tanto no ámbito da emigración como do retorno, “seguen respondéndose e tramitándose con todos os recursos que están ao dispor desta Secretaría”. O departamento de Emigración lanzou un rogo aos usuarios: “Que empreguen o correo electrónico para as consultas ordinarias, deixando as telefónicas para aquelas extraordinarias ou de maior gravidade, co fin de aumentar a operatividade do sistema de atención ás e os galegos no exterior”.
Así pois, co obxectivo de paliar as consecuencias da suspensión temporal da atención presencial ao público, o departamento de Emigración do Goberno galego mantén operativas as seguintes direccións de correo electrónico e números de teléfono:
Para consultas de información xeral
Correo electrónico:oficina.emigracion@xunta.es
Teléfono: 0034 981 547268
Para consultas sobre axudas a entidades galegas
Correo electrónico: emigracion.subvenciones@xunta.gal
Teléfono: 0034 981 545833
Retorno
Para consultas xerais sobre retorno
Correo electrónico: retorno.emigracion@xunta.es
Teléfono: 0034 981 957162
Para consultas ás diferentes sedes da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retornado de Galicia
Correos electrónicos:
oficinaretorno.emigracion.santiago@xunta.gal
oficinaretorno.emigracion.coruna@xunta.gal
oficinaretorno.emigracion.ourense@xunta.gal
oficinaretorno.emigracion.vigo@xunta.gal
oficinaretorno.emigracion.lugo@xunta.gal
Delegacións da Xunta
Para consultas á Delegación da Xunta na Arxentina:
Correo electrónico: delegacion.buenosaires@xunta.es
Para consultas á Delegación da Xunta no Uruguai:
Correo electrónico: delegacion.montevideo@xunta.es
Para concluír o seu comunicado informativo, a Secretaría Xeral afirma que “tan pronto sexa posible volveremos abrir as nosas oficinas físicas para seguir prestando a todos os galegos e galegas do exterior a mesma atención que levamos dedicándolles os últimos 40 anos. Desde casa ou desde as súas sedes físicas, Galicia está e estará sempre convosco e vós. E, lembrade, quedar na casa é saúde”.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas