GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno impulsa a contratación de preto de 200 profesionais estranxeiros en situación regular do sector sanitario ante a crise do Covid-19

(27/03/2020)

O Goberno impulsa a contratación de preto de 200 profesionais estranxeiros en situación regular do sector sanitario ante a crise do Covid-19



INMIGRACIÓN


Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social 27/03/2020

  • Achégase así unha resposta coordinada e efectiva á situación xerada pola crise do Covid-19.
  • Priorizaranse os expedientes administrativos de autorización de residencia e traballo relativos ao sector sanitario.

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, o Ministerio de Universidades, o Ministerio de Sanidade e o Ministerio de Política Territorial e Función pública puxeron en marcha unha acción urxente coordinada para incrementar o número de profesionais sanitarios estranxeiros en disposición de traballar no noso país con carácter inmediato.

Con este conxunto de medidas, espérase que ao redor de 200 médicas, médicos, enfermeiras e enfermeiros nacionais de terceiros países e actualmente xa residindo en España se incorporen nos próximos días ao Sistema Nacional de Saúde (SNS) nun momento decisivo para afrontar a crise sanitaria provocada pola extensión do virus COVID 19 no noso país.

Desde o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, a través da Secretaría de Estado de Migracións, impulsáronse os mecanismos de axilización administrativa previstos no artigo 71.2 da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común, que permiten priorizar, motivadamente, os expedientes administrativos de autorización de residencia e traballo que afectan a traballadores dun sector esencial ante a emerxencia sanitaria, e conforme aos criterios fixados no Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se establece o estado de alarma no noso país.

Por medio desta iniciativa, executada tanto desde a Unidade de Grandes Empresas, na Secretaria de Estado de Migracións, como desde as Oficinas de Estranxeiría, espérase que nos próximos días preto de 200 traballadores estranxeiros do sector sanitario conten coa autorización precisa para exercer o seu labor en España.

Para cumprir este obxectivo, os citados ministerios coordinaron a súa acción en ámbitos cruciais, como a priorización de permisos de residencia e traballo, a homologación de títulos ou o recoñecemento de competencias profesionais, para dar unha resposta inmediata nun momento de máxima esixencia e alta demanda destes perfís no noso mercado laboral. Para iso, elaborouse un novo protocolo de coordinación entre o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, o Ministerio de Universidades e o Ministerio de Sanidade que permite un intercambio de información, consulta e resolución efectiva para a posta en marcha da medida.

Pola súa banda, o Ministerio de Universidades fixo da axilización do proceso de homologacións un eixo de actuación prioritaria. Desde o pasado venres se resolveron un total de 100 expedientes de homologación de títulos de médicos. En total, desde comezos deste ano, homologáronse un total de 762 profesionais do ámbito sanitario.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas