GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O número de emigrantes galegas e galegos diminúe en máis 1.500, mentres se incrementa o de descendentes nados no exterior en 4.026 no último ano ata sumar un total de 523.672

(21/03/2020)

O número de emigrantes galegas e galegos diminúe en máis 1.500, mentres se incrementa o de descendentes nados no exterior en 4.026 no último ano ata sumar un total de 523.672

O aumento de cidadás e cidadáns galegos residentes no estranxeiro ten a súa base na descendencia das galegas e galegos, nados xa no seu país de destino.

 

O descenso das e dos nados en Galicia que viven fóra das nosas fronteiras continúa a tendencia que vén experimentando desde hai varios exercicios. 

 

O Instituto Nacional de Estadística (INE) publica hoxe os datos a 1 de xaneiro de 2020 do Padrón de Españoles Residentes en el Extranjero (PERE)

O Instituto Nacional de Estadística (INE) publica hoxe os datos a 1 de xaneiro de 2020 do Padrón de Españoles Residentes en el Extranjero (PERE)

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2020.

 

O número de emigrantes galegas e galegos volve baixar un ano máis, continuando a tendencia dos últimos exercicios, mentres a poboación galega que reside no exterior segue a incrementarse, ata alcanzar os 523.672 a 1 de xaneiro de 2020, segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Esta diferenza explícase, principalmente, polo aumento da cifra de descendentes das cidadás e os cidadáns galegos que viven no estranxeiro e que xa foron nados no seu país de destino. Así, mentres que hoxe residen 4.026 galegas e galegos máis ca o ano pasado fóra das nosas fronteiras, o número de emigrantes nacidas e nacidos na comunidade que viven no exterior é de 1.546 menos, e sitúase actualmente en 150.217 persoas. 

 

O país que rexistra un maior incremento da poboación galega é A Arxentina, o que conta cunha maior presenza histórica galega, con 2.369 residentes máis para sumar 180.908; mentres Venezuela pon o contrapunto a esta tendencia cunha diminución de 2.720 cidadás e cidadáns galegos, pasando dos 35.998 que rexistraba o 1 de xaneiro de 2019 aos 33.278 deste ano. O continente americano gaña, deste xeito, 2.329 galegas e galegos, sumando un total de 407.022, mentres o europeo aumenta a súa poboación de orixe galega noutros 1.571 ata os 112.125.

 

Estas novas cifras alteran lixeiramente o mapa da poboación galega no exterior, que segue a liderar A Arxentina, seguida do Brasil con 49.467, Cuba con 44.062, O Uruguai con 41.162 e Suíza con 41.106. Venezuela continúa baixando postos na listaxe e pasa a ocupar o sexto lugar, por diante de Estados Unidos de América con 22.527, Francia con 19.362, Alemaña con 17.519 galegas e galegos e O Reino Unido con 15.324.

 

Nova realidade migratoria 

 

Esta realidade demográfica constitúe unha oportunidade para Galicia, que conta cun importante aliado fóra das nosas fronteiras para superar o reto demográfico que está a atravesar, non só a comunidade, senón toda España. Estas cifras reflicten, ademais, unha consolidación da tendencia migratoria iniciada nos últimos anos, que pon de manifesto o labor fundamental que está a levar a cabo o Goberno galego a través da Estratexia Retorna 2020.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas