GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría de Estado de Migracións comunica ás oficinas de estranxeiría como proceder ante a suspensión de prazos administrativos

(20/03/2020)

A Secretaría de Estado de Migracións comunica ás oficinas de estranxeiría como proceder ante a suspensión de prazos administrativos



Secretaría de Estado de Migraciones

 

Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

19/03/2020

 

O obxectivo é lograr o equilibrio entre a concentración dos recursos públicos nos servizos esenciais necesarios no actual contexto de emerxencia sanitaria e a preservación dos dereitos e intereses dos estranxeiros.

O Ministerio de Inclusión Social, Seguridade Social e Migracións, a través da Dirección Xeral de Migracións, fixo pública unha comunicación relativa á suspensión de prazos administrativos, que se recolle na disposición adicional terceira do real decreto 463/2020 do 14 de marzo que declarou o estado de alarma pola crise sanitaria do Covid-19.

O obxectivo desta comunicación é lograr un equilibrio entre a concentración dos recursos públicos nos servizos esenciais necesarios no actual contexto de emerxencia sanitaria e a preservación dos dereitos e intereses dos interesados nos procedementos.

Para evitar prexuízo nos dereitos e intereses dos interesados e afectados nos procedementos en materia de estranxeiría, aplicable pola Secretaría de Estado, e tendo en conta o disposto na lexislación de estranxeiría coas previsións en materia de prazos administrativos recollidos o real decreto 463/2020, do 14 de marzo, sinálase o seguinte:

1ª Finalizaranse as solicitudes presentadas antes da entrada en vigor do real decreto 463/2020, do 14 de marzo, cuxa proposta de resolución sexa favorable.

2ª Emitiranse os certificados de silencio positivo nas solicitudes presentadas ao amparo da Lei 14/2013, do 27 de setembro, con anterioridade á entrada en vigor do real decreto 463/2020.

3ª Suspenderanse os procedementos de solicitudes (iniciais ou renovacións) presentadas antes da entrada en vigor do real decreto 463/2020, do 14 de marzo, cuxa proposta de resolución sexa denegatoria ou de arquivo.

4ª A administración aceptará aqueles documentos esixibles no procedemento e cuxa vixencia expirase durante a actual situación de excepcionalidade.

5ª Suspenderanse os prazos de expiración das estancias de nacionais de terceiros estados cuxo retorno non é posible pola emerxencia sanitaria internacional derivada do coronavirus.

6ª Admitiranse e tramitarán, sen suxeición a prazos administrativos, as autorizacións (iniciais e renovacións) presentadas con posterioridade ao real decreto 463/2020, do 14 de marzo

Por último, xeneralízase a posibilidade de presentar solicitudes por medios electrónicos, sen prexuízo do cumprimento de determinados requisitos esixidos polo ordenamento de estranxeiría.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas