GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O número de electores galegos no exterior para o 5-A increméntase en 35 persoas tras o período de reclamacións

(06/03/2020)

O número de electores galegos no exterior para o 5-A increméntase en 35 persoas tras o período de reclamacións


Redacción, Vigo | 05 Marzo 2020 - Crónicas da Emigración


Galicia contabiliza un total de 462.487 electores do exterior para os comicios do próximo 5 de abril, unha vez resolvido o período de reclamacións, que arroxou 35 novas incorporacións ao CERA (Censo de Españois Residentes Ausentes). A provincia da Coruña foi a que rexistrou maior número de novos potenciais votantes, 17, seguida de Pontevedra, con 13 e de Lugo, que contabilizou tres. En Ourense incorporáronse dúas persoas á lista.

Do 17 ao 24 de febreiro, período establecido para realizar as reclamacións, presentáronse 97 demandas, das cales, 94 foron aceptadas e 53 sufriron modificacións. 41 persoas foron dadas de alta, mentres que 6 causaron baixa.

Por provincias, pola Coruña presentáronse 42 demandas, aceptáronse 40 e tan só dúas foron denegadas. As altas nesta provincia ascenderon a 17, mentres que 22 reclamacións foron modificadas. En Pontevedra foron aceptadas as 37 demandas presentadas, aínda que tan só 18 incorporáronse á lista de CERA e 19 foron modificadas. En Lugo, onde se rexistraron tres altas, foron aceptadas as 10 reclamacións que se presentaron, mentres que 8 sufriron modificacións. En Ourense déronse de alta dúas persoas dun total de 8 demandas presentadas, das que 7 foron aceptadas e 4 modificadas.

Resoltas as reclamacións, pola Coruña teñen dereito a voto nos comicios do 5-A un total de 159.973 galegos no exterior, mentres que por Pontevedra a cifra sitúase en 133.775. Por Ourense contabilízanse 101.219 e por Lugo, 67.511.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2020
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas