GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta habilita unha web para ofrecer información sobre as eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril

(03/03/2020)

A Xunta habilita unha web para ofrecer información sobre as eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril

Na web estará dispoñible información sobre aspectos esenciais como o voto por correo, o calendario electoral ou preguntas frecuentes.

 

A Xunta habilita tamén o teléfono da e do elector co número 900 825 520.

 

Na web inclúese información como o voto para as persoas que figuran no CERA e as e os residentes temporalmente no estranxeiro

 

Na web inclúese información como o voto para as persoas que figuran no CERA e as e os residentes temporalmente no estranxeiro

 

Listen to this page using ReadSpeaker

 

 

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2020.

 

A Xunta vén de habilitar unha páxina web (https://eleccionsgalicia2020.gal) na que está dispoñible toda a información esencial sobre as eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril.

 

Na web inclúese información relacionada con temas fundamentais, como o voto por correo para as e os residentes en España ou temporalmente no estranxeiro, e para as persoas que figuran no CERA. Nestes apartados, ademais da explicación do procedemento, poderanse descargar tamén os formularios correspondentes.

A información da páxina web tamén cobre outros aspectos útiles para a cidadanía, como os trámites co censo, os impresos electorais (para votantes, concellos ou mesas electorais) e a consulta dos colexios e mesas electorais.

 

Tamén están dispoñibles documentos relacionados coa lexislación vixente, estatal e autonómica; o calendario electoral coas datas sinaladas; e información de utilidade para as persoas que integren as mesas electorais.

 

Para maior utilidade e comodidade, a páxina incorpora un apartado de preguntas frecuentes e un chat para consultar calquera dúbida. Tamén está dispoñible o teléfono da e do elector, no número 900 825 520.

 

Cómpre ter en conta que a web irase completando, paulatinamente e de acordo cos tempos electorais, cos novos documentos que correspondan.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas