GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Primeira comparecencia do ministro José Luis Escrivá nunha Comisión no Congreso

(28/02/2020)

Primeira comparecencia do ministro José Luis Escrivá nunha Comisión no Congreso



El ministro Inclusión, Seguridad Social y Migraciones, José Luis Escrivá en la Comisión de Trabajo celebrada en el Congreso. EFE/ Fernando Villar

O ministro Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá na Comisión de Traballo celebrada no Congreso. EFE/ Fernando Villar


Axencia EFE/A Rexión Internacional 27/02/2020 


Durante a súa primeira comparecencia na comisión correspondente do Congreso para explicar as liñas xerais do seu departamento, Escrivá avogou por "construír un consenso duradeiro" para atraer unha inmigración "legal, segura e ordenada", que España necesita para soster o mercado laboral e o Estado do benestar, a pesar de que é difícil "asimilar" a mensaxe de que coas altas taxas de paro que soportan algunhas rexións españolas faga falta man de obra estranxeira.

En canto aos emigrantes españois, aínda que tanto por parte do ministro como das interpelacións da práctica totalidade dos representantes dos partidos políticos dedicóuselles moi pouco tempo, Escrivá referiuse á "heteroxeneidade por traxectoria e por idades" dos españois residentes no exterior, facendo un claro distingo entre os que emigraron hai moitos anos e os que se viron forzados a deixar o país durante a última crise económica.

Referíndose á acción de goberno do seu Ministerio, falou dunha "política de acompañamento" para os españois residentes no exterior, e en canto a temas concretos falou do voto rogado, avogando pola eliminación das trabas que para votar teñen os emigrantes españois, ampliando os prazos e facilitando o exercicio deste dereito. Como anécdota referiuse á súa filla, que vive fóra de España, e da que lle consta tivo dificultades para votar desde o exterior, unha circunstancia. afirmou o ministro, que "xera desafección entre as persoas que tiveron que saír de España e que queren votar. Isto, sinceramente, temos que arranxalo".

Tamén se referiu a fomentar o regreso, dicindo que "o noso compromiso é desenvolver programas para o retorno". Trátase, segundo dixo o ministro, "que a administración española sexa unha administración acolledora e dispoñible para estas persoas, para facilitar as posibles alternativas de volta que teñen".

Ademais de "esta problemática, falou da inclusión, referíndose a persoas que levan moitísimo tempo fóra, que teñen necesidades, e as prestacións que lles facilite o Ministerio teñen que estar orientadas aos máis necesitados. Aquí estamos a avaliar as distintas prestacións que hai porque teñen que ser focalizadas e ver se realmente as prioridades están ben molladas ou non. Ás veces as políticas teñen moita inercia e convén, nun momento determinado, mirar a fotografía, sentar, e se realmente este diñeiro, que é o que é, está a ir realmente ás persoas que máis o necesitan. Imos ver se exactamente estamos a axudar aos que máis o necesitan e da forma adecuada".

O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, quere reformar a lei de Estranxeiría para "fortalecer" as vías legais de acceso de inmigrantes, así como reforzar o sistema de acollida de solicitantes de asilo para alivialo da sobrecarga que padece.

"A prioridade -dixo- debe ser dar oportunidades de traballo aos españois que non o teñen", pero ao mesmo tempo hai que ser "conscientes de que esta necesidade de man de obra estranxeira vai ser crecente". "España tivo problemas por non mirar a longo prazo", incidiu.

Para xestionar unha "realidade migratoria volátil e cambiante", o ministro apostou en primeiro lugar por reformar a lei de Estranxeiría, que este 2020 cumpre 20 anos e que, por tanto, "hai que cambiar, porque a realidade cambiou". "Hai que fortalecer as vías legais de acceso ao noso país", subliñou.

O cal pasa por flexibilizar, axilizar e simplificar un sistema que cualificou de "disperso" e dunha "rixidez burocrática enorme"; así, propuxo fundir "nun só texto" os tres réximes actuais (xeral, cidadáns cualificados e comunitarios) e reducilos aos dous primeiros.

Tamén criticou a "excesiva heteroxeneidade" das autorizacións de residencia e que se estea primando a vía de regularización extraordinaria do arraigamento sobre a ordinaria, que son os permisos de traballo. "O extraordinario non debería ser o ordinario", censurou Escrivá.

Así mesmo, quere facer unha "reforma integral" do catálogo de ocupacións de difícil cobertura, que hoxe en día "se mostra inútil", e flexibilizar os criterios na concesión das autorizacións de estranxeiría con instrucións aprobadas no Consello de Ministros.

Iso en canto a Estranxeiría, pero Escrivá pretende ademais reforzar o sistema de acollida, que, admitiu, está sometido a unha "forte sobrecarga", especialmente o dos solicitantes de asilo, que o ano pasado superaron os 118.000, máis do dobre que en 2018.

Pero tamén o da rede humanitaria, sobre todo en Canarias, onde ata o pasado 15 de febreiro chegaron 1.008 persoas en patera, catorce veces máis que no mesmo período do ano pasado, cando foron 66, segundo os últimos datos do Ministerio do Interior.

Co obxectivo de aliviar o sistema, Escrivá propuxo reforzar os sistemas de atención humanitaria e de acollida aumentando as prazas, mellorar a colaboración entre os distintos niveis da administración e dotalo de novas infraestruturas publicas e privadas.

Neste sentido, asegurou que o seu departamento traballa xa na idea de recuperar inmobles que non se utilizan para aumentar a rede de acollida: "Hai que evitar esas fotografías de polideportivos hacinados (...) Creo que en España hai edificios en desuso que hai que recuperar e axudarnos a ter un stock fronte a continxencias que neste momento temos moi mermado", admitiu.

"A clave é utilizar o conxunto de infraestruturas inmobiliarias públicas, sobre todo as que entraron en desuso"; están a identificarse e "poden reconverterse", por exemplo en Centros de Estancia Temporal de Inmigrantes (CETI), sinalou noutro momento da súa comparecencia en resposta aos grupos.

Con ese obxectivo, mesmo existe, engadiu, a "posibilidade do ámbito privado", para o que está a manter conversacións coa Sareb, coñecido nos seus inicios como banco malo, para facerse con inmobles que xa non serán usados co fin para o que foron construídos.

Igualmente, comprometeuse a recuperar o fondo estatal para a integración e cambiar a lei de asilo para "reformular" o procedemento de acollida e priorizar ás persoas máis vulnerables e con alto perfil de protección internacional, pero primeiro é necesario traballar no novo Sistema Común de Asilo europeo.

A situación do sistema de acollida, recoñeceu, "non se está esaxerando" e "o Estado está a dar unha mala impresión"; pero reprochou especialmente ao PP as súas críticas sobre as carencias das infraestruturas existentes e a falta de recursos: "O que temos é o que se desenvolveu nos últimos anos", espetoulle.

"Temos que buscar outro ton, non todo ten que ser hostigar e hostigar", concluíu.

Por último, Escrivá dirixiuse aos 2,2 millóns de españois que residen no exterior para garantirlles que traballará por lograr a súa inclusión.

Desta forma, quere eliminar o voto rogado porque "xera desacepción entre a xente que quere votar e non pode", fomentar o regreso desenvolvendo un programa de retorno e reformular as prestacións aos máis necesitados.

Xunto coa inclusión e as pensións, as migracións é un dos tres "consensos" que aspira alcanzar no seu proxecto Escrivá, quen no plano económico defendeu incentivar o atraso da idade real de xubilación, mantendo a legal nos 67 anos fixados na reforma de 2011, como forma "realista" de afrontar o aumento do gasto en pensións previsto a medio prazo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas