GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta e o Sector Tecnolóxico colaboran para captar Talento Dixital entre os Galegos do Exterior

(19/02/2020)

A Xunta e o Sector Tecnolóxico colaboran para captar Talento Dixital entre os Galegos do Exterior

 

En marzo abrirase a canle Retorna Dixital, dentro do portal Retorna, para facilitar o encontro entre perfís dixitais interesados en voltar á  Galicia e empresas TIC.

 

A directora da Amtega e o secretario xeral de Emigración mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo coas empresas asinantes do Pacto Dixital de Galicia.

 

Son as primeiras en adherirse á iniciativa co compromiso de publicar as ofertas de emprego ás que poderán subscribirse as persoas interesadas.

 

A Oficina Retorna encargarase da coordinación entre empresas e profesionais.

 

Esta iniciativa enmárcase no Plan DigiTalent, que a vindeira semana abrirá a convocatoria de bolsas para incorporar perfís non dixitais ao sector TIC.

 

Ademais, celebrará 70 charlas sobre tendencias dixitais en centros educativos en lanzará unha nova convocatoria de “Tecnólogo por un día”.

 

A Xunta e o Sector Tecnolóxico colaboran para captar Talento Dixital entre os Galegos do Exterior

A Xunta e o Sector Tecnolóxico colaboran para captar Talento Dixital entre os Galegos do Exterior

 

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2020.

 

O vindeiro mes de marzo activarase a canle Retorna Dixital, un espazo dentro do portal Retorna da Xunta, que busca captar talento entre os galegos do exterior para o sector tecnolóxico. Así o explicaron esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o secretario de Emigración, Antonio Rodríguez, durante a xuntanza de traballo que mantiveron coas empresas asinantes do Pacto Dixital e o Clúster TIC galego para explicarlles os detalles da iniciativa.

 

A canle Retorna Dixital, que se xestionará dende a Oficina Retorna, permitirá que as empresas adheridas publiquen as súas ofertas de emprego tecnolóxico, ás que calquera galego ou galega do exterior poderán remitir o súa solicitude. A Oficina Retorna coordinará esta canle de contacto directo entre o sector dixital e os interesados en retornar a Galicia, e que complementará cos seus servizos de acompañamento ao retornado.

 

Ademais das empresas adheridas, que asumen o compromiso de publicar as súas ofertas laborais, o portal disporá dun directorio de empresas tecnolóxicas que os profesionais interesados en retornar a Galicia poderán consultar e contactar directamente.

 

As empresas asinantes do Pacto Dixital Indra, Everis, Iecisa, Televés, R Altia, Coremain, Telefónica, Vodafone, DXC e o Clúster TIC Galicia xa figuran como empresas adheridas e a iniciativa Retorna Dixital está aberta á incorporación de calquera outra empresas tecnolóxica que así o solicite.

 

Máis de 3.400 empresas no Hipersector TIC galego

 

Retorna Dixital, enmárcase no Plan DigiTalent da Xunta que se está a desenvolver en colaboración co sector tecnolóxico para impulsar as vocacións tecnolóxicas fomentar os novos perfís dixitais e reforzar as capacidades dos profesionais que teñen que liderar a transformación dixital.

 

Cómpre lembrar a elevada demanda de profesionais especializados por parte do sector tecnolóxico e as dificultades que atopa para cubrila. O Clúster TIC apunta a unhas 1.000 vacantes actualmente en Galicia. O hipersector TIC galego emprega a máis de 23.300 profesionais, a cifra máis alta dos últimos cinco anos e concentra máis de 3.400 empresas.

 

Actividades 2020 Plan DigiTalent

 

No encontro abordouse, tamén, o calendario de actividades do Plan DigiTalent para o presente ano. Entre os primeiros fitos do 2020, está convocatoria das Bolsas DigiTalent, que se lanzará a vindeira semana, e que oferta 32 prazas a estudantes de últimos cursos de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura para realizar prácticas formativas en 21 empresas do sector tecnolóxico.

 

Ademais, co obxectivo de promover as vocacións científico-tecnolóxicas entre os máis novos, impartiranse a partir de marzo máis de 70 charlas en centros educativos de Galicia vinculadas a novas tendencias dixitais como a Intelixencia Artificial, Blockchain, Ciencia do dato ou a Ciberseguridade, entre outras. Os encargados de impartir os relatorios serán profesionais de Altia, DXC Technology, everis, IecisaIndraOrange e Vodafone, e os centros tecnolóxicos  Gradiant e CiTius.

 

Antes do remate do curso, lanzarase a cuarta edición do programa “Tecnólogo por un día”,  que ofrece a máis de 50  estudantes de 12 a 17 anos a oportunidade de experimentar en primeira persoa como é un día de traballo no marco das profesións dixitais da man de Altia, Coremain, everis, Optare Solutions, Sixtema e Tecalis.

 

A estas actividades súmanse as 21 iniciativas propias das empresas que colaboran no Plan. Toda a actualidade sobre as iniciativas incluídas no catálogo DigiTalent, está dispoñible no espazo web digitalent.xunta.gal, onde se recolle  as datas, localizacións e instrucións para a participación en cada unha delas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2020
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       

Máis de 461.000 galegas e galegos do exterior poderán solicitar o seu voto por correo para as eleccións autonómicas ao Parlamento galego ata o vindeiro 13 de xuño 21/05/2020-12/07/2020

 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas