GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A vicepresidenta Carmen Calvo espera que haxa unanimidade para a reforma do voto rogado

(18/02/2020)

A vicepresidenta Carmen Calvo espera que haxa unanimidade para a reforma do voto rogado



La vicepresidenta del Gobierno, Carmen Calvo. EFE/J.J.Guillén

A vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo. EFE/ J. J.Guillén


La Región Internacional.

Axencia EFE 17/02/2020


A vicepresidenta primeira do Goberno, Carmen Calvo, chamou a todos os partidos do Congreso e desde todas as ideoloxías a sumarse ao diálogo sobre Cataluña e advertiu de que sobre esta cuestión haberá que ser fieis a un lema: "Teremos que falar todos con todos e de todo".

"Iso é facer política, para iso estamos aquí e para iso vai estar o Goberno", dixo Calvo na súa comparecencia no Congreso para dar conta dos obxectivos do seu departamento, na que insistiu en que só hai unha forma de "achandar" a situación de Cataluña, e é a de "atopar camiños acordados".

Camiños que terán que ser "seguros no xurídico e lexítimos no político", engadiu a número dous do Executivo, quen pediu a todos os partidos facer "memoria e autocrítica" sobre esta situación complexa que arrastrou a política española na última década.

Tras sinalar que todos deberían estar dispostos a que a situación catalá "transite por outros lugares distintos" aos xa vividos, Carmen Calvo defendeu o "compromiso lexítimo" que adquiriu o Goberno de "dialogar coas institucións de Cataluña nacidas da orde constitucional".

"Estamos a falar con outros compatriotas", dixo Calvo sobre o diálogo coa Generalitat, nesta comparecencia na que xa desde o principio fixo un chamamento a todos os partidos para o entendemento nesta lexislatura, non só para esta cuestión senón tamén para os pactos de Estado e reformas que hai que acometer.

Advertiu, ademais, de que todos os partidos das Cortes representan "a realidade exacta e cuantificada polas urnas do que representa España".

"Non hai unha soa definición de España nin unha soa interpretación", advertiu a vicepresidenta, quen subliñou que espera atopar consenso e mesmo unanimidade en moitas das reformas e iniciativas que o Goberno vai impulsar.

Subliñou así que espera atopar o apoio de todos os partidos para a reforma do artigo 49 da Constitución (para suprimir o termo "diminuído", en relación coas persoas discapacitadas), para a nova lei de educación, para a reforma do Código penal no que se refire á violencia machista

E espera tamén unanimidade, dixo, para a reforma do voto rogado, que permita votar con máis garantías e menos dificultades aos españois no exterior. "Eles tamén son España", recalcou.

Carmen Calvo insistiu na súa primeira intervención ante a Comisión Constitucional en que hai que saber afrontar esta situación "tan complexa" que viven as Cortes, con vinte partidos e dez grupos parlamentarios e que obriga a todos a dialogar e buscar acordos.

"Non hai adxectivo que poñer, os cidadáns non se equivocan nunca, e esta foi a súa sentenza nas urnas, esta pluralidade ideolóxica de partidos", sinalou a vicepresidenta, quen doutra banda volveu a subliñar o seu papel de coordinadora no Goberno.

Sinalou así que a súa vicepresidencia leva áreas transversais que lle obrigan a facer o traballo de coordinación do conxunto do Goberno, dos diferentes ministerios e de todas as áreas competenciais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Agosto 2020
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas