GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta destina preto de 1,3 millóns á cuarta convocatoria das bolsas BEME para mozos do exterior

(14/02/2020)

A Xunta destina preto de 1,3 millóns á cuarta convocatoria das bolsas BEME para mozos do exterior

 

Redacción, Santiago | 13 Febreiro 2020 - Crónicas da Emigración

 

Alberto Núñez Feijóo presidió la reunión del Consello de la Xunta, que se celebró en el Pazo de Sergude, en Boqueixón.

Alberto Núñez Feijóo presidiu a reunión do Consello da Xunta, que se celebrou no Pazo de Sergude, en Boqueixón.


O Consello da Xunta aprobou este xoves unha nova convocatoria, por parte da Secretaría Xeral de Emigración, das ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME)’, cuxa cuarta edición mantén o incremento do 50% materializado no 2019, tanto no número de prazas dispoñibles como na dotación económica asignada. Deste xeito, o Goberno galego destina case 1,3 millóns de euros impulsando a captación dun total de 150 titulados universitarios galegos e de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, que poderán cursar estudos de máster nalgunha das tres universidades galegas.

A Xunta impulsa así o retorno de currículos brillantes á vez que contribúe á fixación de poboación na Galicia territorial. Non en balde, o obxectivo das BEME é non só atraer cada ano a galegos que viven fóra para que completen na Comunidade a súa formación especializada, senón que traballen en Galicia e que fixen tamén en territorio galego definitivamente a súa residencia.

Neste sentido, todos os beneficiarios destas axudas contarán, un ano máis, cunha orientación laboral coa que se pretende non só captar para Galicia o talento máis brillante de entre os mozos residentes fora fomentando o retorno da poboación activa laboral, senón tamén facilitarlles o seu establecemento definitivo na Comunidade. A oferta céntrase en estudos con capacidade de absorción no tecido produtivo e laboral galego.

Requisitos e contía da bolsa

Os beneficiarios da iniciativa deben ser galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior e estar admitido na preinscrición dalgún dos másteres das universidades galegas.

A bolsa, cuxo importe é de 7.000 ou 7.650 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60 créditos ECTS, destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial. Aqueles que se matriculen nun curso de maior duración (90 créditos) dispoñerán dun orzamento total de ata 11.475 euros (en función do continente de procedencia do alumno).

Á convocatoria do ano pasado presentáronse un total de 423 solicitudes procedentes de preto de 30 países distintos, das que unha terceira parte (134) proviñan da Arxentina; outras 85 procederon de Venezuela, 59 de Brasil, 34 de Uruguai, 27 do Reino Unido e 21 de México. Tamén chegaron expedientes académicos desde outros países do mundo como Cuba (9), Chile (8), Panamá (6), Portugal (6), Alemaña (5), Bolivia (3), Costa Rica (2), Irlanda (2), Suíza (2), Australia, Austria, Colombia, Dinamarca, Ecuador, O Salvador ou Estados Unidos.

Así mesmo, destacar que a media de idade dos solicitantes desa terceira convocatoria foi de 29 anos, e que, dos 150 beneficiarios, 25 son da Galicia territorial (emigrantes nados ou que residisen máis de 10 anos en Galicia antes de emigrar). Os galegos de segunda, terceira e seguintes xeracións acaparan o 83% das BEME desta convocatoria cun total de 125 bolseiros (47 fillos de emigrantes galegos, 72 netos e 6 bisnietos).

800 oportunidades de retorno

O obxectivo do Goberno galego é que a publicación desta orde se realice con moita brevidade no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que o prazo de solicitudes, que se pechará o 30 de abril, poida abrirse canto antes. Os alumnos terán ata o 8 de agosto para presentar a matrícula nos másteres elixidos, e os primeiros estudantes arrincarán o curso no mes de setembro.

Con esta nova convocatoria e a que publicará en breve a Consellería de Educación para estudos de ciclo superior de Formación Profesional (FP), o Goberno galego haberá ofrecido, entre 2017 e 2020, a posibilidade de retornar a un total de 800 mozos galegos do exterior, tanto no ámbito universitario como no de FP.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas