GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Venezuela exíliase na Coruña

(11/02/2020)

Venezuela exíliase na Coruña

 

A cifra de cidadáns venezolanos residentes na cidade multiplicouse por catro de 2015 a 2018 || Predominan inmigrantes e solicitantes de asilo sobre os retornados


enrique carballo 09.02.2020 | A Opinión


A comunidade venezolana é a que máis crece na Coruña de entre todas as de expatriados, e fíxoo sobre todo nos últimos anos: entre 2015 e 2019 incrementouse un 301%. En 2015 había 281 nativos de Venezuela sen nacionalidade española no municipio, segundo o padrón continuo do Instituto Nacional de Estatística (INE). En 2016 aumentaron ata 423, e en 2017 xa eran 631. En 2018 a cifra chegou a 975, e o ano pasado, o último do que temos datos, xa se atopaban na cidade 1.529 venezolanos. O aumento, nestes catro anos, foi de 1.248 persoas.

Esta cifra non reflicte aos venezolanos que son descendentes de emigrantes, que xa teñen a nacionalidade española ou a poden conseguir con facilidade, senón persoas sen conexión con España. Pero as cifras do retorno tamén crecen. O número de persoas nadas en Venezuela residentes na Coruña, incluíndo as que teñen nacionalidade española, pasou de 2.609 a 4.854 entre 2015 e 2019. O incremento é de 2.245 persoas.

A onda de inmigrantes coincide coa diáspora provocada pola grave crise económica no país caribeño. Acnur calcula que hai máis de catro millóns de emigrantes venezolanos dispersos polo mundo, e máis de 650.000 solicitantes de asilo.

O secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, sinala que A Coruña é "un dos lugares de asentamento máis importantes" dos venezolanos en Galicia, xunto con Vigo e Ourense. A política de axuda aos inmigrantes por parte da Xunta, explica Rodríguez Miranda, está destinada aos que "vivindo no exterior, teñen nacionalidade española e vinculación con algún municipio galego", o que deixa fóra aos venezolanos sen antepasados españois.

Para os que si os teñen, existen catro liñas de apoio con incentivos específicos, da cal "a máis importante é "a orientación, seguimento e acompañamento". Na Coruña, xunto con outras tres cidades galegas, existe unha Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno desde finais do ano pasado.

Aínda que polo momento non existen liñas de axuda específicas para os naturais de Venezuela, Rodríguez Miranda puntualiza que en relación a este país "está a facerse un traballo máis intenso" pola actual situación, cunha "colaboración directa" coa Federación Venezolana de Galicia (Fevega). Segundo os seus cálculos, no país latinoamericano residen actualmente 35.000 galegos.

Solicitudes de asilo

Na Coruña, os inmigrantes venezolanos recorren a institucións de caridade, aos servizos municipais e a entidades de compatriotas como a propia Fevega e a Irmandade Venezolana na Coruña-Galicia (Hevega), que sinalan que esta corrente migratoria, de orixe máis "humilde" que en tempos pasados, chega maioritariamente como demandantes de asilo político. Segundo Virginia Parella, venezolana residente na Coruña e membro de ambas as organizacións, nos últimos tempos o Goberno español mostrouse máis favorable ás solicitudes de venezolanos.

Esta percepción confírmana os datos recolleitos para o conxunto do país. De acordo cos resultados provisionais de 2019, facilitados polo ministerio do Interior, das algo máis de 118.000 solicitudes de asilo que se recibiron o ano pasado, 40.906 eran de venezolanos. Delas, 39.776 recibiron unha proposta de resolución favorable "por razóns humanitarias" do Estado español.

Pero non sempre son aceptadas. O pasado mes de outubro, por exemplo, a Audiencia Nacional rexeitou a solicitude de asilo dunha venezolana residente na Coruña que dicía que era perseguida no seu país por delincuentes comúns. O tribunal estimou que os argumentos da recorrente reflicten "os problemas sociais que padece Venezuela e a desatención da poboación", pero que non pode inscribirse esta situación no terreo da protección internacional do dereito de asilo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas