GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Aberto o prazo para que as entidades do exterior pidan axudas para gasto corrente e propostas culturais e sociais

(10/02/2020)

Aberto o prazo para que as entidades do exterior pidan axudas para gasto corrente e propostas culturais e sociais


Redacción, Santiago | 07 Febreiro 2020 - Crónicas da Emigración


A partir deste venres, día 7, e durante o próximo mes, as entidades galegas do exterior que o desexen poden acudir á liña de apoios activada para cubrir os gastos correntes e propostas de índole cultural e social en relación con Galicia e os galegos.

A Secretaría Xeral de Emigración destina este ano máis de 1,1 millóns de euros a un programa co que consolida a súa aposta pola conservación da cultura, as tradicións e a atención aos galegos que residen no exterior cunha liña de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para gastos de funcionamento e para proxectos de actuación dirixidos ao cumprimento dos fins formativos, culturais, sociais, de mocidade e informativos das comunidades galegas.

Nesta liña, cabe destacar que a dotación de máis de 1,1 millóns de euros da convocatoria deste ano supón un incremento do 10% do orzamento previsto, dando continuidade ao compromiso da Secretaría Xeral de Emigración coas entidades do exterior, que quedou reflectido no incremento dun 11,11% que xa se aplicou a esta partida no ano 2016.

Así mesmo, o departamento autonómico complementará esta liña en próximas datas con outra dotada con máis de 600.000 euros que terá por obxecto achegas para facer fronte a gastos de obras ou de equipamentos.

 

AXUDAS E SUBVENCIÓNS

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Febreiro 2020
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas