GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda sitúa a Vigo e a súa área como “epicentro do retorno emprendedor” con máis dun 25% dos negocios postos en marcha no 2019 co programa da Secretaría Xeral

(06/02/2020)

Miranda sitúa a Vigo e a súa área como “epicentro do retorno emprendedor” con máis dun 25% dos negocios postos en marcha no 2019 co programa da Secretaría Xeral
 
Salienta que esta aposta polo retorno estase a materializar en iniciativas empresariais como a de Mercedes, na procura de facilitar ás beneficiarias e beneficiarios “que poidan ter na súa casa un futuro laboral e unha unidade familiar con garantías”, contribuíndo tamén a solucionar o reto demográfico que ten Galicia.

 

Destaca que a boa acollida do programa leva este ano a duplicar o orzamento inicial dunha liña que está a promover tamén a dinamización do rural e o retorno da mocidade -a idade media das e dos beneficiarios sitúase nos 42 anos-.

 

Avanza a nova edición nas vindeiras semanas con apoios de 5.000 euros por cada persoa retornada emprendedora, que se poden incrementar en 1.000 euros máis se se trata dunha muller, e noutros 2.000 se, ademais, o negocio está no rural.

 

O secretario xeral da Emigración visita en Nigrán o negocio de gominolas sen azucre da retornada Mercedes Toscano

 

(Pontevedra), 5 de febreiro de 2020.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo hoxe en valor as novas iniciativas empresariais que se impulsaron no último ano en Vigo e na súa área metropolitana, á que definiu como “epicentro do retorno emprendedor” ao acaparar máis dun 25% dos negocios nados a través desta liña de apoios da Secretaría Xeral. 

 

“O retorno á provincia de Pontevedra está a medrar debido ao seu eixo empresarial na cidade de Vigo, cun núcleo extenso de poboación que ofrece moitas oportunidades de emprego a futuro; dos case 60 negocios apoiados desta volta, máis dun cuarto asentáronse aquí”, recalcou Miranda durante a visita á retornada Mercedes Toscano, que volveu de Chile fai un ano  para comezar un anovador negocio de gominolas sen azucre que xa puxera en marcha no seu país de destino.   

 

Miranda afirmou que “Mercedes vén a demostrar como se poden unir dúas culturas tan dispares e conseguir un negocio fóra do común”. Así mesmo, salientou que iniciativas como esta materializan unha aposta polo retorno que busca facilitar aos beneficiarios e beneficiarias “que poidan ter na súa terra un futuro laboral e unha unidade familiar con garantías”, contribuíndo tamén a solucionar o reto demográfico que ten Galicia.

 

O secretario xeral quixo destacar as facilidades ofrecidas polo programa de apoio ao retorno emprendedor. Estas axudas, explicou Miranda, abrirán unha nova edición nas vindeiras semanas e están dotadas dunha contía fixa de 5.000 euros por cada persoa retornada emprendedora, que pode incrementarse en 1.000 euros máis se se trata dunha muller, e noutros 2.000 se, ademais, o negocio está establecido nun concello rural. 

 

Para acadar a axuda, a persoa interesada debe aportar un plan de negocio empresarial que conte cun informe de viabilidade económica e financeira de entidade independente, entre os cales figuran a unidade de Galicia Emprende e os axentes de emprego e desenvolvemento local.

 

Dende a posta en marcha do programa, proseguiu Miranda, case 190 proxectos de cidadás e cidadáns galegos retornados teñen aberto novos negocios co apoio da Xunta. Esta boa acollida, explicou Miranda, leva este ano a duplicar o orzamento inicial dunha liña que está a promover tamén a dinamización do rural e o retorno da mocidade -a idade media das e dos beneficiarios sitúase nos 42 anos-.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Febreiro 2020
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas