GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo anuncia a extensión do Carné Xove para as mozas e mozos da diáspora, que poderán beneficiarse das súas vantaxes en Galicia, España e Europa

(03/02/2020)

Feijóo anuncia a extensión do Carné Xove para as mozas e mozos da diáspora, que poderán beneficiarse das súas vantaxes en Galicia, España e Europa

Precisa que poderán acceder a esta tarxeta as mozas e mozos de 12 a 30 anos con nacionalidade española, veciñanza civil galega e que residan fóra de Europa.

 

Reedita o compromiso da Xunta de converter Galicia nunha oportunidade, a través de iniciativas como as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), cuxa cuarta convocatoria, que sairá nas vindeiras semanas, contará con 250 prazas para continuar a formación na Comunidade no eido universitario e FP.

 

Destaca que o programa Conecta con Galicia, que en 2019 celebrou o seu 30 aniversario, fixo posible que máis de 9.000 rapazas e rapaces de 20 países participasen nesta experiencia e fortalecesen os seus lazos coa Comunidade.

 

Reivindica a plena vixencia dos centros galegos e convócaos a traballar na difusión do vindeiro Ano Santo, para converter este evento nunha celebración global que reforce Galicia como porta de Europa a América e de América a Europa.

 

 O presidente da Xunta de Galicia mantivo un encontro coa colectividade no Centro Galego de Montevideo

O presidente da Xunta de Galicia mantivo un encontro coa colectividade no Centro Galego de Montevideo

 

Montevideo (O Uruguai), 1 de febreiro de 2020.

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou nun encontro coa colectividade no Centro Galego de Montevideo, que tivo lugar na tarde de onte venres (00:00 horas en España), a extensión do Carné Xove para as mozas e mozos da diáspora, que poderán beneficiarse das mesmas vantaxes das e dos mozos galegos en Galicia, España e Europa.

 

Logo de subliñar que poderán acceder a esta tarxeta as mozas e mozos de 12 a 30 anos con nacionalidade española, veciñanza civil galega e que residan fóra de Europa, Feijóo reeditou o compromiso do Goberno galego de converter Galicia nunha oportunidade para as e os mozos galegos do exterior, a través de iniciativas como as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), encamiñadas a xerar oportunidades de formación e cuxa cuarta convocatoria, que sairá nas vindeiras semanas, contará con 250 prazas entre bolsas universitarias (150) e de Formación Profesional (100). En total, desde a súa posta en marcha, esta iniciativa ofreceu a 800 mozas e mozos do exterior a oportunidade de continuar os seus estudos en Galicia.

 

E con programas como Conecta con Galicia, que en 2019 celebrou o seu 30 aniversario e que fixo posible que máis de 9.000 rapazas e rapaces de 20 países participasen nesta experiencia e fortalecesen os seus lazos coa Comunidade.

 

Durante a xuntanza, na que entregou aos mozos e mozas que participaron no Conecta con Galicia a compostela, Feijóo referiuse ao Centro Galego de Montevideo como un exemplo da fraternidade entre galegas e galegos, un centro que, fundado en 1879, foi o primeiro que iniciou o camiño que despois replicaron casas, fogares ou irmandades galegas por toda América.

 

Ao respecto, subliñou que, lonxe de fundar unha Galicia pequena e illada dentro do Uruguai, proxectou e compartiu a cultura galega, facéndoa máis extensa. “A galeguidade, en definitiva, nace da nosa apertura ao mundo e da solidariedade que abandeiran centros coma este”, aseverou, incidindo en que esta filosofía define a nosa identidade.

 

O titular da Xunta reivindicou deste xeito a plena vixencia destas institucións, “nas que atopamos sempre os nosos mellores embaixadores”. E nesta liña, convocou a todas elas a traballar na difusión do vindeiro ano santo, convertendo este evento nunha celebración global que reforce Galicia como porta de Europa a América e de América a Europa.

 

“O próximo ano 2021, Galicia ten unha cita co mundo, que levamos tempo preparando”, dixo, subliñando que a Galicia do Xacobeo 2021 terá as súas portas máis abertas ca nunca, para saboreala a través da súa gastronomía, contemplala nas súas paisaxes e sentila a través do Camiño.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas