GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cando decides regresar e comezar de cero

(30/01/2020)

Cando decides regresar e comezar de cero

 

José Antonio Cota, que foi emigrante en México, montou unha panadería artesá con axuda da Xunta

 

 


ourense / a voz 29/01/2020

 

 

Como moitos outros centos de veciños que hai anos marcharon desde os municipios de Avión e Beariz cara á emigración, José Antonio Cota foise a México. Na zona de Guadalaxara desenvolveuse no sector da hostalería, aínda que este ourensán natural de Penedo de Couso (Avión) tiña claro que o seu proxecto vital tiña billete de volta e que o horizonte do regreso estaba marcado pola decisión que en múltiples ocasións expresara: «Que aos 50 ou 51 anos regresaba para Galicia».

 

José Antonio Cota ten 51 anos, unha panadería artesá no Carballiño e un proxecto de futuro que se asenta sobre o potencial que representa a comunidade mexicana en Galicia. «Cando regresei tiña claro que a miña aposta pasaba por montar o meu propio negocio. Non me vía cobrando o paro ou unha axuda porque sempre dixen que estou na mellor idade para traballar e hai que aproveitar esta etapa. Empezamos co pan artesán e os viños, pero o meu obxectivo é especializarme na oferta de produtos mexicanos». A localización do Carballiño -«no centro de Galicia e a unha hora de Santiago, Vigo ou Pontevedra»-, o numeroso colectivo vinculado coa emigración mexicana ou que ten coñecemento da súa comida pola presenza dos emigrantes son a potencial clientela deste emprendedor que contou cunha axuda da Xunta para montar o seu negocio. «Desde O Carballiño pódese crear ese punto de distribución de produtos mexicanos necesario para toda Galicia. Tanto para a hostalería como para os particulares que se familiarizaron con este tipo de gastronomía e desexan gozar da comida daquel país».

 

Na súa panadería recibiu ao secretario xeral de Emigración, Antonio Miranda, que destacou a aposta da Xunta por apoiar aos emigrantes retornados e o feito de que nos últimos anos foron 1.320 os ourensáns que retornaron á provincia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas