GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Migracións convoca as axudas do Programa de Comunicación para entidades e persoas radicadas no exterior

(28/01/2020)

Migracións convoca as axudas do Programa de Comunicación para entidades e persoas radicadas no exterior


Redacción, Madrid | 27 Xaneiro 2020 - Crónicas da Emigración


O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este luns, día 27, o extracto da resolución da Dirección Xeral de Migracións, pola que se convocan axudas para 2020 do Programa de Comunicación para entidades e persoas físicas radicadas no exterior. O texto completo da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

O obxecto destas axudas é a realización de accións no ámbito da comunicación dirixida á cidadanía española no exterior a través de medios escritos ou audiovisuais, tales como prensa, radio, cinema, televisión e internet; e a realización de accións referidas á distribución de publicacións periódicas especializadas de prensa escrita entre os centros e asociacións de españois no exterior.

Poderán optar a estas subvencións as entidades e persoas físicas radicadas no exterior, sempre que entre os seus finsse se atopen as actividades obxecto deste programa, e que reúnan os requisitos establecidos na Orde ESS/1613/ 2012, do 19 de xullo e na presente resolución de Convocatoria.

As solicitudes de axudas formalizaranse nos modelos normalizados que están dispoñibles na páxina web do Portal da cidadanía española no exterior http://www.ciudadaniaexterior.mitramiss.gob.es/ e na sede electrónica do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

https:// expinterweb. mitramiss. gob.es/lei11/inicio/ showTramites. action? procedimientoSel= 257& proc= 5

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación deste extracto no BOE.

AXUDAS E SUBVENCIÓNS

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas