GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Xeral da Emigración destina máis de 1,7 millóns de euros a colaborar coas entidades galegas no exterior en actividades, gastos de funcionamento e infraestruturas

(28/01/2020)

A Secretaría Xeral da Emigración destina máis de 1,7 millóns de euros a colaborar coas entidades galegas no exterior en actividades, gastos de funcionamento e infraestruturas

A primeira orde de apoio publicarase o vindeiro día 6 no Diario Oficial de Galicia, conta cun orzamento de máis de 1,1 millóns e os interesados disporán dun mes para solicitar a axuda. 

 

Os programas cobren os gastos correntes e as propostas de índole cultural e social en relación con Galicia e os galegos e galegas. 

 

O departamento autonómico complementará esta liña en vindeiras datas con outra dotada con case 600.000 euros que terá por obxecto achegas para facer fronte a gastos de obras ou de equipamentos.

 

Na imaxe, o Centro Galego de Mar del Plata nun encontro da colectividade galega o pasado mes de setembro

Na imaxe, o Centro Galego de Mar del Plata nun encontro da colectividade galega o pasado mes de setembro

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2020.

 

A Secretaría Xeral da Emigración destina este ano máis de 1,7 millóns de euros a colaborar coas entidades galegas no exterior en actividades e gastos de funcionamento.

 

Neste sentido, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará o vindeiro día 6 de febreiro unha nova convocatoria dunha orde que, dotada con máis de 1,1 millóns, permite intensificar o seu apoio ás entidades galegas no exterior, en cumprimento do papel que lle outorga o Estatuto de Autonomía de Galicia, e que se ten desenvolvido na Lei de Galeguidade, na atención aos colectivos que aglutinan á diáspora galega fóra da comunidade galega.

 

Os interesados disporán dun mes para solicitar unha axuda que cobre os gastos correntes e as propostas de índole cultural e social en relación con Galicia e os galegos e galegas. Deste xeito, a Xunta consolida a súa aposta pola conservación da cultura, as tradicións e a atención aos galegos e galegas que residen no exterior cunha liña de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para gastos de funcionamento e para proxectos de actuación dirixidos ao cumprimento dos fins formativos, culturais, sociais, de xuventude e informativos das comunidades galegas. 

 

Nesta liña, cabe salientar que a dotación de máis de 1,1 millóns de euros da convocatoria deste ano supón un incremento do 10% do orzamento previsto, dando continuidade ao compromiso da Secretaría Xeral da Emigración coas entidades do exterior, que quedou reflectido no incremento dun 11,11 % que xa se aplicara a esta partida no ano 2016.

 

Así mesmo, o departamento autonómico complementará esta liña en vindeiras datas con outra dotada con máis de 600.000 euros que terá por obxecto achegas para facer fronte a gastos de obras ou de equipamentos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Febreiro 2020
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas