GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pese ao fluxo positivo de inmigrados, Galicia perdeu poboación o pasado ano

(23/01/2020)

Pese ao fluxo positivo de inmigrados, Galicia perdeu poboación o pasado ano


A comunidade sumou ao 1 de xaneiro de 2019 un total de 2,6 millóns de veciños // O continxente de estranxeiros situouse nos 100.868, o 3,74% do censo


FOTO: Conchi Paz
FOTO: Conchi Paz


El Correo Gallego 23.01.2020
ANXO ARNÁIZ SANTIAGO

 

Os números vermellos da demografía galega, pese ao fluxo positivo de inmigrantes rexistrado nos últimos anos, confírmanse. O censo baixa a 2.699.499 habitantes, a primeiro de xaneiro de 2019, dos que 100.868 son estranxeiros, segundo os datos definitivos publicados onte polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Con relación a 2018 supón unha perda de 2.244 persoas, a pesar do saldo positivo de 8.310 inmigrados á comunidade, posto que o saldo vexetativo dos nacionais foi de -10.554, cifra que se parcheu grazas a ese montante positivo de algo máis de 8.300 estranxeiros. Ante estes números, a solución da inmigración para frear a sangría poboacional da comunidade está aínda lonxe de cubrir as baixas rexistradas e alcanzar valores en positivo.

Con todo, o movemento de migrados cara á xeografía galaica volve rozar as mellores cifras desde 1998, xa que o número de residentes estranxeiros achégase aos 112.183 do ano 2012, o mellor rexistro das dúas últimas décadas. É un dato esperanzador a ter en conta de fronte ao futuro demográfico en Galicia, cunhas proxeccións poboacionais moi negativas.

PROVINCIAS. En canto á distribución de poboación por provincias, a da Coruña, que gañou habitantes ao 1 de xaneiro de 2019, sitúase á cabeza da comunidade con 1.119596, fronte aos 1.119351 de 2018. Deles, 38.107 son estranxeiros, que supoñen o 3,40% do censo oficial.

Pontevedra, que tamén gañou moradores, é a segunda máis poboada, con 942.665 veciños, por 941.772 en 2018. Os estranxeiros son 34.006, que representan o 3,61%.

No lado oposto posiciónanse Lugo e Ourense, que restaron poboación. No primeiro caso baixou dos 331.327 censados en 2018 a 329.587 a primeiro de xaneiro de 2019. Aquí, o continxente do estranxeiro suma 14.584 persoas, o 4,42% do total provincial.

No que respecta a a demarcación ourensá, baixou dos 309.293 de 2018 a 307.651 o pasado exercicio. Suma 14.171 estranxeiros, que supoñen o 4,61% do censo da provincia.

DATOS

Con 65 e máis anos A comunidade anotou preto de 680.000 habitantes con 65 e máis abrís. Representan o 25,1% do total.

De 0 a 15 anos Nesta franxa demográfica, Galicia rexistrou 342.494 persoas. Supoñen o 12,6% do censo. Os de 65 e máis primaveras dóbranos.

De 16 a 64 Este chanzo da pirámide poboacional por idades aglutina a 1.677.221 habitantes, que representan algo máis do 62% do censo galego.

Estranxeiros Dos case 101.000 residentes oficiais, preto da metade, 44.318, proceden de América. Destes, 34.515 son de América do Sur. Os que chegan de Europa alcanzan os 37.192 e 13.848 os de África. De Asia están asentados 5.381, dos que a maioría, 3.177 son de orixe chinesa.

CIFRA DESTACADA

1.711 Centenarios É a cifra que rexistrou Galicia de persoas con 100 ou máis anos a primeiro de xaneiro de 2019, fronte aos 1.622 á mesma data de 2018. Son máis do dobre respecto a 2009.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas