GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social ascende a 2.124.982 en decembro

(21/01/2020)

A media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social ascende a 2.124.982 en decembro



Afiliación de extranjeros

Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

21/01/2020

 

O crecemento interanual é do 6,63%, con 132.133 traballadores máis que hai un ano

 

Respecto ao mes pasado, o número de afiliados estranxeiros creceu en 1.527

 

A Seguridade Social rexistrou unha media de 2.124.982 traballadores estranxeiros en decembro, 132.133 máis que no mesmo mes de 2019. Isto sitúa a variación interanual no 6,63%.

No último mes, o número de ocupados con nacionalidade foránea sumou 1.527 traballadores (0,07%).

Por réximes, a maioría dos afiliados estranxeiros está encadrada no Réxime Xeral, 1.774.759 (este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 225.274 ocupados, e o de Hogar, con 167.620). Séguenlle o Réxime de Traballadores Autónomos, con 346.375 afiliados, o Réxime Especial do Mar, con 3.806, e o do Carbón, con 41.

De entre os afiliados estranxeiros á Seguridade Social en decembro, 1.274.804 proceden de países de fóra da Unión Europea e o resto (850.177) de países comunitarios. Da cifra total, 1.199.220 son homes e 925.762 son mulleres.

Os grupos de traballadores estranxeiros máis numerosos proceden de Romanía (341.530), Marrocos (268.239), Italia (126.151) e China (108.945). Séguenlles os traballadores nacionais de Colombia (75.427), Ecuador (72.908), Reino Unido (68.472), Venezuela (66.901) e Bulgaria (59.970).

Comunidades autónomas

En termos interanuais, a afiliación de estranxeiros sobe en todas as comunidades autónomas. Galicia (10,42%), País Vasco (9,75%) e Navarra (9,38%) son as autonomías que máis traballadores foráneos sumaron no último ano. A continuación sitúanse Castela e León (8,64%), Aragón (7,95%) e Cantabria (7,81%).

No último mes, o número de afiliados estranxeiros incrementouse en Andalucía (4,45%), Castela-A Mancha (1,72%), A Rioxa (1,10%), Canarias (0,30)% e Madrid (0,25%). A afiliación de estranxeiros descende nas demais autonomías, particularmente en Estremadura (-6,49%), Illas Baleares (-5,37%), e Cantabria (-1,9%).

A afiliación de estranxeiros por comunidades autónomas distribúese así:

 

CCAA ok

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas