GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta destina 12 millóns a través de 4 programas para fomentar a contratación das galegas e os galegos retornados priorizando o seu acceso ao emprego

(20/01/2020)

A Xunta destina 12 millóns a través de 4 programas para fomentar a contratación das galegas e os galegos retornados priorizando o seu acceso ao emprego

As liñas céntranse na promoción do emprego feminino, no das persoas con discapacidade, nas paradas e os parados de longa duración e na economía social, contando as e os retornados en todos os casos cun 25% máis de apoio.

 

As iniciativas enmárcanse na Estratexia Retorna 2020, dotada con 235 millóns de euros, dos que 220 son transversais de todos os departamentos do Goberno galego, e que está a permitir impulsar a volta á casa de máis de 20.000 cidadás e cidadáns galegos.

 

Estas iniciativas enmárcanse na Estratexia Retorna 2020 da Xunta de Galicia

Estas iniciativas enmárcanse na Estratexia Retorna 2020 da Xunta de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2020.

 

A Xunta de Galicia vén de activar catro programas distintos que, dotados cun total de 12 millóns de euros, teñen entre os seus obxectivos fomentar a contratación das e dos galegos retornados priorizando o seu acceso ao emprego. 

 

Tres destas liñas enmárcanse no Galicia Emprega, que está a impulsar a Consellería de Economía, Emprego e Industria: o Emprega Muller, con axudas mínimas para contratos indefinidos de 12.000 euros; o Emprega Discapacidade e Exclusión, con incentivos de 8.000 euros para a contratación inicial e 16.000 euros para contratos indefinidos; e o Emprega Parados de longa duración, con 5.000 euros de apoio para contratos de 12 meses a xornada completa, chegando ata os 10.000 euros en caso dun contrato indefinido. Apoios que se ven incrementados nun 25% no caso de que a persoa contratada sexa unha ou un emigrante retornado . 

 

O cuarto destes programas que vén de activarse nos últimos días e a liña Aprol da Economía Social, que busca fomentar o emprego estable e de calidade en cooperativas e sociedades laborais. Así, apóiase a incorporación de novas e novos socios traballadores con axudas que poden alcanzar os 67.500 euros por entidade e ata 16.500 para cada nova ou novo socio. Unha contía que se incrementa tamén nun 25 % no caso de contratación de galegas ou galegos retornados.

 

Todos estes programas enmárcanse na Estratexia Retorna 2020, dotada con 235 millóns de euros, dos que 220 son transversais dos distintos departamentos do Goberno galego, e que está a permitir impulsar a volta á casa de máis de 20.000 cidadás e cidadáns galegos. 

 

A estratexia ten xa activas o 100% das medidas entre as que figuran programas como os da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que aspiran a facilitar o retorno ofrecendo ao beneficiario ou beneficiaria as mellores condicións para que escolla Galicia como o lugar idóneo no que desenvolver os seus proxectos profesionais e familiares. 

 

As cifras de retorno á comunidade amosan que se están a cumprir os obxectivos previstos na Estratexia. Así, no 2018, último dato oficial, volveron a Galicia máis de 7.000 galegas e galegos, no que supón a mellor cifra da década e o quinto exercicio consecutivo de incremento do retorno. E no que vai de lexislatura, desde o 2016, teñen volto á terra máis de 18.000 cidadás e cidadáns galegos. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas