GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia sumou no primeiro semestre do ano pasado 7.026 habitantes máis dos que saíron

(09/01/2020)

Galicia sumou no primeiro semestre do ano pasado 7.026 habitantes máis dos que saíron


Redacción, Santiago | 08 Xaneiro 2020 -


O Instituto Nacional de Estatística (INE) acaba de publicar hoxe as cifras de movementos migratorios, tanto as definitivas de 2018 como as provisionais do primeiro semestre de 2019. Neste marco, é preciso destacar que Galicia, segundo os datos oficiais, incrementou o saldo migratorio co estranxeiro nun 37% neste período con respecto ao primeiros seis meses de 2018.

Así, se no semestre inicial dese 2018 a Comunidade sumou 5.126 habitantes máis dos que saíron, no período equivalente do ano pasado a diferenza positiva ascendeu ata os 7.026. Deles, 902 teñen nacionalidade española, o que se traduce nun aumento do 12% en relación aos 6 meses iniciais de 2018.

Este incremento de case 2.000 persoas cobra máis relevancia aínda se se ten en conta que o ano 2018 rexistrou o mellor dato histórico deste saldo migratorio tras duplicar os rexistros de 2017.

Destacar tamén que os menores de 45 anos supoñen máis do 72,5% do total de novos habitantes, sumando este grupo de idade 5.105 persoas máis das que saíron. Así mesmo, a provincia de Pontevedra é a que experimenta unha maior subida poboacional, gañando 2.684 persoas, seguida da Coruña (2.572), Ourense (890) e Lugo (880).

No que respecta a as nacionalidades, a que máis presenza ten nos datos é a venezolana, coa chegada de 2.453 persoas máis das que saíron, seguida de Colombia (920), Brasil (654) e Perú (472).

Esta tendencia á alza dos datos provisionais do primeiro semestre de 2019 non fai se non constatar as cifras definitivas de 2018, que reflicten un saldo positivo en Galicia –tendo en conta os movementos co resto de comunidades autónomas– de 13.252 persoas máis das que saíron.

O maior incremento deste saldo respecto a 2017 recóllese nos estranxeiros, con 10.062 persoas –un aumento do 110%–; e tamén existe un elevado incremento do saldo dos españois, con 3.190, o que supón unha mellora do 72,8%.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas