GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Chega a Noia unha colección de Luís Bello en homenaxe á inmigración

(20/12/2019)

Chega a Noia unha colección de Luís Bello en homenaxe á inmigración



A exposición, formada por unhas 40 instantáneas, abrirá as súas portas o próximo 27 e estará ao dispor do público ata o 28 de febreiro






M. X. B.
ribeira 20/12/2019 05:00 h


Entre o próximo día 27 e o 28 de febreiro exhibirase na casa de cultura de Noia a exposición Pasaporte a Latinoamérica. Trátase dunha colección de fotografías realizadas durante catro anos en diferentes países americanos polo xornalista Luís Bello. A apertura da mostra terá lugar o vindeiro venres, ás 20.00 horas, cun acto no que está prevista a intervención de Eva Millán, directora de Voces de Galicia de Radio Voz. Tamén participarán Dámaris Domínguez, representantes de Agalea, e José Pérez, concelleiro de Cultura noiés.

«Agardo que con esta mostra respectemos un pouco máis aos inmigrantes e aplaudamos a diferenza pola riqueza cultural que esta trae á nosa terra», explicou o autor das instantáneas. Pola súa banda, o edil de Cultura referiuse á exposición como unha colección que non deixa indiferente a ninguén: «Contén imaxes moi exóticas e artísticas, cheas de colorido e de foza». Son unhas corenta fotografas as que integran esta mostra.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas