GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de 600 persoas do Morrazo emigraron en 2018 a outras comunidades ou a outro país

(16/12/2019)

Máis de 600 persoas do Morrazo emigraron en 2018 a outras comunidades ou a outro país


Vía Galega celebrou 45 concentracións simultáneas en Galicia, entre elas Moaña e en Cangas para denunciar os efectos negativos da emigración


redacción | moaña 15.12.2019 | Faro de Vigo

Concentración que se levou a cabo nas escaleiras do Concello de Moaña. // Santos Álvarez



A Plataforma en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, Vía Galega, celebrou onte unha concentración en Moaña, dentro do calendario de concentracións simultáneas convocadas en 45 localidades da comunidade, entre elas tamén Cangas, para denunciar as consecuencias negativas da emigración en Galicia. Foi unha concentración testemuñal, cunha quincena de persoas, entre elas membros do grupo de goberno do BNG, pero que deixou sentir a preocupación por este fluxo de persoas que teñen que abandonar Galicia. Todos portaban os carteis da macha co lema " Non emigramos. Expúlsannos. Soberanía para crear traballo digno na Galiza". O portavoz de Vía Galega, Anxo Louzao, asegura que a marcha de persoas está a provocar un problema estrutural e di que os datos son alarmantes.

No últimos dez anos, 80.000 mozos, segundo esta plataforma, víronse obrigados a emigrar por falta de oportunidades dun traballo digno e con estabilidade en Galicia. Máis de 216.000 persoas entre os 16 e 59 anos tiveron que coller a maleta pra emigrar na última década "e ante estes datos non podemos quedar impasibles".Vía Galega asegura que supón un "drama nacional, social e persoal", xa que supón despoboamento, envellecemento e desarraigamento, ademais de que se está vulnerando un dereito fundamental como é o de traballar e vivir na propia terra.

Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) referidos ao ano 2018 a emigración externa, entendida como a que se fai a outras comunidades de España ou ao estranxeiro, afectou a 640 persoas, das que 487 foron a outras comunidades e 153 ao estranxeiro. En Bueu, o saldo migratorio externo afectou a 80 persoas (58 fóronse a outras comunidades e 22 ao estranxeiro). En Cangas foron 224 en total, das que 148 emigraron a outras comunidades e 76 a outros países; mentres que no municipio de Moaña foron 109, das que 95 fixérono a outras comunidades e 14 a países estranxeiros. En Marín este fluxo emigratorio afectou a 227 persoas (186 a outras comunidades e 41 a outros países).

A outra provincia de Galicia fóronse 237 persoas da comarca do Morrazo, das cales 38 corresponden ao municipio de Bueu, 65 ao de Cangas, 86 ao Concello de Marín e 48 a Moaña.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas