GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Salón Teatro recibe a coprodución internacional con participación da Xunta 'Se fosen turistas, levarían gafas de sol'

(10/12/2019)

O Salón Teatro recibe a coprodución internacional con participación da Xunta 'Se fosen turistas, levarían gafas de sol'

 

O Centro Dramático Galego e a Secretaría Xeral da Emigración colaboran neste espectáculo de Limiar Teatro e Crémilo, que tamén conta coa implicación doutras entidades de Portugal, Arxentina e Uruguai.

 

Fran Núñez dirixe esta comedia que reflexiona sobre a emigración pasada e presente e que poderá verse do 11 ao 21 de decembro na sede do CDG en Santiago, tras a súa estrea en Montevideo o pasado mes de outubro.

 

O Centro Dramático Galego e a Secretaría Xeral da Emigración colaboran neste espectáculo de Limiar Teatro e Crémilo

O Centro Dramático Galego e a Secretaría Xeral da Emigración colaboran neste espectáculo de Limiar Teatro e Crémilo

 

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2019.

 

A Xunta de Galicia, a través do Centro Dramático Galego (CDG) e da Secretaría Xeral da Emigración, participa na coprodución internacional Se fosen turistas, levarían gafas de sol, que poderá verse no Salón Teatro de Santiago do 11 ao 21 de decembro. A reflexión arredor da emigración, pasada e presente, é o eixo temático desta proposta das compañías galegas Limiar Teatro e Crémilo, que conta tamén coa implicación das entidades portuguesas Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa e Comedias do Minho, a arxentina Cía. Nacional de Fósforos de Bos Aires e a uruguaia El Mura de Montevideo.

 

Baixo a dirección escénica de Fran Núñez, responsable tamén da dramaturxia, e a musical de Brais Iriarte, esta comedia sobre a memoria e a desmemoria foi tomando forma ao longo de varias residencias artísticas nos devanditos países e chega agora a Galicia, tras ser exhibida en Montevideo, onde tivo lugar a estrea o pasado mes de outubro, e en Bos Aires.

 

Función descontraída

 

A súa estadía na sede compostelá do Centro Dramático Galego arrancará o vindeiro mércores 11, ás 11:00 h., cun pase matinal que, baixo a denominación de Función descontraída, ofrecerá unha sesión cunha atmosfera acolledora e con máis tolerancia respecto do ruído e movemento na platea. Cun prezo especial de 3 euros, destínase ás persoas que buscan un ambiente máis relaxado que o dunha representación teatral ao uso, así como ás que se poidan sentir máis cómodas nese contorno, como aquelas con déficit de atención, deficiencia intelectual, espectro autista ou deficiencias sensoriais, sociais ou de comunicación.

 

Se fosen turistas, levarían gafas de sol afonda na memoria da emigración a partir das historias persoais do equipo do espectáculo, que poñen en escena Manuel Coelho, Iván e Mariano Solarich, Brais Iriarte, Fran Núñez, Luis Filipe Silva e Martina e Magdalena Fernández. As súas propias experiencias familiares supoñen en si mesmas unha celebración da vida, da supervivencia e do camiño percorrido a partir dunha trama que se inicia no momento da separación de dúas irmás no porto de Vigo nos anos 50.

 

A música creada en directo mediante loops, disparadores electrónicos, pedais e procesadores, a manipulación da iluminación nas mans dos intérpretes e o uso de micromappings son, ademais, características que fan desta unha proposta escénica única e novidosa.

 

A venda de entradas para as súas funcións en Santiago xa está dispoñible na web entradas.abanca.com e no teléfono 902 434 443. No despacho de billetes do Salón Teatro, poderán adquirirse desde dúas horas antes do comezo das representacións.

 

Tras a súa estadía na sede do Centro Dramático Galego, Se fosen turistas, levarían gafas de sol porá rumbo cara ao Teatro Rosalía Castro da Coruña, onde poderá verse o domingo 22 de decembro, ás 20:30 h.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas