GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Carballiño conta con veciños de 55 nacionalidades diferentes

(09/12/2019)

O Carballiño conta con veciños de 55 nacionalidades diferentes


Imagen de las calles de O Carballiño, que cuenta con vecinos de 55 nacionalidades diferentes
Imaxe das rúas do Carballiño, que conta con veciños de 55 nacionalidades diferentes


A REXIÓN INTERNACIONAL 07/12/2019
O Carballiño


O Carballiño de 2019 está formado por unha poboación maioritariamente foránea, xa que só o 39% dos seus habitantes son oriúndos do municipio. Os carballiñeses de nacemento, 5.594 persoas, teñen na súa maioría unha idade media entre 40 e 59 anos, aínda que o grupo entre os 50 e 69 anos alcanza porcentaxes próximas ao anterior con 1.225 habitantes. Hai que destacar tamén que os menores de 20 anos ascenden a 1.434, fronte ás 594 persoas que superan xa os 80 anos. O resto dos residentes complétase con veciños doutros concellos da comarca que se asintan na vila, os estranxeiros e aqueles que proceden doutras provincias españolas.

Son os datos que manexa a Alcaldía de Carballiño, que confirman que a vila do Arenteiro é un lugar que atrae poboación. O rexedor municipal, Francisco Fumega, valora a situación como moi positiva "xa que conseguimos atraer poboación nun contexto de despoboamento. O feito de atraer xente do estranxeiro fala do crecemento económico do concello".

Na configuración do Carballiño actual destaca a achega dos concellos da propia comarca, que supoñen un 21% dos habitantes. "Esta emigración dende os concellos contribúe dun xeito importante no proceso de envellecemento demográfico, aínda que o grupo de idade maioritario continúe a ser o de 40-59 anos, os maiores de 80 anos chegan aos 595 habitantes e os menores de 20 tan so 113", puntualiza o alcalde. Na súa opinión, trasládanse á vila "en busca de servizos sociais, sanitarios e de todo tipo".

O terceiro colectivo que achega poboación é o dos estranxeiros, que no ano 2019 representa o 19% da poboación. O grupo de idade maioritario, que ascende a 2.651 persoas, está formado por habitantes que teñen entre 40 e 59 anos, aínda que destaca o gran desequilibrio que se produce entre os menores de 40 anos, que supón o 45,3% do total de inmigrantes, fronte ao 10,3% que superan os 80 anos. "Sen dúbida, os inmigrantes contribúen dun modo excepcional ao rexuvenecemento dos efectivos demográficos do concello, que camiña cara a unha sociedade multicultural", sinala Francisco Fumega.

Así, o alcalde achega datos sobre a residencia de inmigrantes, matizando que na actualidade en Carballiño conviven 2.651 persoas que proceden de 55 países dos cinco continentes, aínda que os países que máis achegan son Venezuela (658), México (406), Brasil (215), Portugal (164), Suíza (157), Panamá (151), Alemaña (146), Romanía (131), República Dominicana (116), Francia (100), Colombia (86), Arxentina (67) e Cuba (59). A idade media dos emigrantes que elixiron residir na vila é de 40,3 anos, mentres que a media do conxunto do concello ascende a 48’7 anos.

En canto aos habitantes procedentes doutras provincias conforman o 11% dos efectivos demográficos carballiñeses. En total, suman 1.567 persoas procedentes de 50 provincias, encabezados por Pontevedra (567), Lugo (196), A Coruña (177), León (88), Madrid (79) ou Barcelona (58), entre outras.+

Os inmigrantes rexuvenecen a media

Os residente procedentes doutras provincias contribúen a un lixeiro envellecemento da poboación con 53 anos de media, superior ao conxunto do concello. "Trátase de familias que emigraron nos anos 60 e 70 do século pasado e moitos regresan a xubilarse", apunta Fumega. Ademais, un 6% dos habitantes de Carballiño proceden doutros concellos da provincia, exceptuando as comarcas de Carballiño e O Ribeiro, só o municipio de Ourense achega 518 habitantes, seguido a distancia de Amoeiro, Vilamarín, Verín, Celanova e Xinzo. Este grupo tamén contribúe a aumentar a media de idade, cun 38% que superan os 60 anos e un 32% menores de 40. Por último, a comarca do Ribeiro achega o 4% da poboación carballiñesa con 583 residentes, dos que o 51’8% superan os 60 anos.

Do conxunto da poboación de Carballiño, as persoas de entre 40 e 59 anos representan case un terzo do total (32%), seguidos dos que teñen entre 20 e 39 anos (21%) e os de 60 a 79 (19%). Os menores de 20 anos están conformados polos nados en Carballiño e por inmigrantes que chegaron no século XXI, representando no seu conxunto o 16% da poboación. Finalmente un 12% dos habitantes superan os 80, dos que un número moi importante procede do Ribeiro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas