GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda salienta que a nova Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno contará con presenza nas catro provincias por primeira vez na historia

(03/12/2019)

Miranda salienta que a nova Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno contará con presenza nas catro provincias por primeira vez na historia

 

Subliña a importancia dunha infraestrutura que dispón de persoal especializado e permitirá “acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o proceso de retorno”. 

 

Sinala que este é un “fito moi destacado en materia de retorno” na procura de seguir consolidando as cifras de galegas e galegos que volven a casa: máis de 7.000 no 2018 e por riba dos 18.200 no que vai de lexislatura. 

 

Resalta que a oficina sitúase no edificio que foi o Pavillón de Galicia na Expo 92, ‘Edificio Xacobeo’: “Daquela ensinou ao mundo o que era Galicia, e agora permitirá orientar aos galegos do exterior na súa volta á casa”. 

 

O secretario xeral da Emigración visita, acompañado das e dos membros da Comisión Delegada do XI Consello de Comunidades Galegas, as novas instalacións en Santiago

O secretario xeral da Emigración visita, acompañado das e dos membros da Comisión Delegada do XI Consello de Comunidades Galegas, as novas instalacións en Santiago

 

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2019.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe a nova Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno xunto coa Comisión Delegada do XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas. Unha visita durante a que o representante do Goberno autonómico salientou que a oficina contará con presenza nas catro provincias “por primeira vez na historia”, para o que contará con persoal especializado nas delegacións da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. 

 

“As cifras indícannos que imos polo bo camiño: o 2018 foi o quinto ano consecutivo de crecemento do retorno, con más de 7.000 galegos que volveron á súa terra, o que sitúa o total da lexislatura por riba dos 18.200 retornados”, salientou o secretario xeral que, neste marco, puxo en valor a importancia dunha infraestrutura que permitirá “acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o proceso de retorno”. 

 

Para seguir consolidando estas cifras, o secretario xeral demandou unha maior implicación do Goberno central, especialmente na tramitación de permisos de residencia para as e os familiares das cidadás e os cidadáns galegos do exterior, e na simplificación da homologación dos títulos universitarios. “Nesta oficina aténdense casos diarios de xente que quere volver á súa terra e atópase moitísima dificultades nestes campos”, resaltou. 

 

Así mesmo, Rodríguez Miranda lembrou que a ampliación desta oficina é parte da Estratexia Retorna 2020 que está a desenvolver a Secretaría Xeral cun orzamento global de máis de 235 millóns, dos que 15 abarcan só medidas específicas de fomento do retorno. Esta estratexia ten entre os seus obxectivos conseguir o “regreso á casa de máis de 20.000 galegos do exterior” no período 2018-2020, contribuíndo deste xeito a rexuvenecer a poboación e acompañando á persoa retornada durante todo o proceso de retorno.  

 

Un símbolo do Xacobeo para promover o retorno 

 

Durante a visita, realizada na previa do XII Consello de Comunidades Galegas e trala reunión da Comisión Delegada do anterior Consello, o secretario xeral resaltou tamén o emprazamento da nova oficina, situada no edificio que foi o Pavillón de Galicia na Expo 92, ‘Edificio Xacobeo’: “Daquela ensinou ao mundo o que era Galicia, e agora permitirá orientar aos galegos do exterior na súa volta á casa”. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas