GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O retorno ocupa por primeira vez un lugar destacado no Plenario

(02/12/2019)

O retorno ocupa por primeira vez un lugar destacado no Plenario


A Rexión Internacional 01/12/2019


Santiago de Compostela converterase este mes de decembro na capital da Galicia exterior grazas á celebración do pleno do Consello de Comunidades Galegas.

A cidade acollerá durante o martes 3 e o mércores 4 a reunión que cada tres anos congrega ás e os representantes das máis dun centenar de entidades galegas que existen diseminadas polo mundo. Esta cita, que se celebra cada tres anos desde fai máis de tres décadas, permitirá analizar a situción actual da galeguidade e fixar os retos do futuro.
A anterior convocatoria tivo lugar na Habana en maio de 2016, e a previa, celebrada no ano 2012, tivo novamente a capital galega como sede oficial das reunións de traballo. Outros destinos que serviron de escenario para a reunión das e dos representantes da Galicia exterior foron Buenos Aires, Montevideo, Ourense e Lugo.

O secretario xeral dá Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mostrouse “orgulloso de que a capital galega exerza de anfitrioa de todos os galegos do mundo nun ano tan especial como o actual, no que o pobo galego quixo render un sentido e sincero homenaxe a toda a emigración a través da concesión da Medalla do Parlamento”.

Consello-de-Comunidades-Gallegas-Cuba-web

O XII Consello de Comunidades Galegas centrará os seus traballos no papel da emigración nas políticas culturais e sociais, así como na aposta decidida polo retorno e a galeguidade.

Neste sentido, o pleno, que se configura como o órgano representativo das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia, atenderá, de modo prioritario, a estas catro grandes áreas, impulsando catro relatorios que permitan coñecer en profundidade a situación actual da colectividade e os campos nos que seguir impulsando o desenvolvemento da Galicia exterior.

Así, profundarase no papel que está a xogar hoxe en día o retorno á Comunidade de galegas e galegos residentes no exterior, tanto desde o punto de vista da volta do talento galego como desde a importancia que pode ter ante o reto demográfico que está a afrontar Galicia. É preciso destacar que esta é a primeira vez que o retorno conta cun relatorio propio no Consello, froito do destacado crecemento que a volta a casa das cidadás e os cidadáns galegos do exterior está a experimentar

Ademais, o plenario permitirá resaltar a relación entre a emigración e a cultura galega. Non en balde, as distintas comunidades no exterior constitúen un verdadeiro patrimonio cultural que convén seguir poñendo en valor. Así mesmo, e ante o próximo Xacobeo 2021, o Consello realzará o papel dos centros galegos e a súa relación co Camiño de Santiago como eixo vertebrador de Galicia, España e Europa no mundo.

O terceiro relatorio centrarase na importancia das políticas sociais na procura de sumar esforzos entre entidades galegas para seguir impulsando proxectos de atención a favor das e os galegos do exterior en situación de maior vulnerabilidade.

E no tocante á galeguidade, o Consello permitirá destacar, unha vez máis, o imprescindible papel que xogan todos os centros e casas galegas esparexidas polo mundo, tanto na conservación e transmisión da nosa cultura como no desenvolvemento de accións informativas para as distintas comunidades galegas. O obxectivo é abordar os retos que se teñen por diante no camiño conxunto que entidades e Goberno galego deber percorrer para dar resposta ás necesidades do século XXI.

O Parlamento concedeu este ano a súa medalla á emigración galega

A Medalla do Parlamento de Galicia correspondente á edición de 2019 foi entregada á emigración galega no seu conxunto logo do acordo unánime adoptado pola Mesa da Cámara do Parlamento de Galicia en marzo deste ano. A Mesa da Cámara adoptou o acordo por unanimidade e considera "de xustiza" recoñecer coa maior distinción institucional do Parlamento a "grande epopea migratoria do pobo galego".

A Medalla do Parlamento entregouse o 6 de abril, aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia, ás entidades que integran a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, formada por 14 centros e entidades, como lexítimos representantes do conxunto da emigración galega de todos os tempos.

 

Cuba-Consello-de-C.-Gallegas

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas