GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Programan en Trasdeza o día 10 unha xornada de integración de mulleres inmigrantes

(02/12/2019)

Programan en Trasdeza o día 10 unha xornada de integración de mulleres inmigrantes


lalín / a voz 01/12/2019


En Silleda desenvolverase o día 10 unha xornada de integración de mulleres inmigrantes, organizada polo departamento municipal de Igualdade a través do CIM e subvencionada pola Deputación. Pola mañá e na Casa da Cultura, de 10.00 a 14.00 horas, haberá un taller de sensibilización para este colectivo residente en Trasdeza, onde poidan compartir experiencias e adquirir ferramentas para mellorar a súa integración e as súas competencias sociais.

De 16.00 a 18.30 horas, no centro social silledense, celebrarase unha sesión World Café aberta a todo o público. Unha dinámica que pretende primar a conversación nun ambiente distendido para todas as mulleres interesadas, non só as inmigrantes, co fin de establecer relacións, fomentar a comprensión de situacións alleas ou roles de xénero.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas