GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración en cifras: 136.047 galegos no exterior máis e 12.905 saídas menos, nunha década

(02/12/2019)

A emigración en cifras: 136.047 galegos no exterior máis e 12.905 saídas menos, nunha década


Redacción, Vigo | 01 Decembro 2019 - Crónicas da Emigración


A diminución do número de galegos nados en Galicia que residen no exterior contrasta co incremento progresivo dos galegos que viven no estranxeiro (lista na que se inclúen os descendentes). Dos datos despréndese que o número total de galegos residentes no exterior, tanto emigrantes como descendentes, ascendía ao 1 de xaneiro deste ano a 519.646 persoas, o que supón 136.047 máis con respecto a 2009.

Pola contra, continúa descendendo a cifra de emigrantes nados en Galicia que se foron ao estranxeiro, ao rexistrar 2.549 menos en só un ano e 12.905 na última década.

En 2018, Galicia perdeu case 160.000 persoas, pero o retorno situou a perda no 0,1% da poboación.

‘Estratexia Retorna 2020’

A ‘Estratexia Retorna 2020’ coa que a Xunta pretende atraer a 20.000 galegos no exterior ao seu lugar de orixe, está encamiñada a favorecer o retorno do colectivo, “non só como un dereito de todos os emigrantes, senón como unha oportunidade extraordinaria” que o devir histórico ofrece a Galicia, segundo se recolle no relatorio sobre retorno, que se debaterá no XII Pleno do Consello de Comunidades Galegas desta semana.

Entre os obxectivos que a Xunta se marca con esta Estratexia e que se darán a coñecer aos relatores neste pleno, cítanse a necesidade de atraer galegos residentes no exterior, tanto os que retornan como os que se instalan na Comunidade por primeira vez; procurarlles unha cobertura integral das súas necesidades básicas; facilitar a súa integración educativa e laboral; premiar a contratación de longa duración e de calidade; facilitar o rexistro de parellas de feito retornadas; promover todas as medidas para que as familias poidan acceder a unha vivenda; traballar coas administracións para que se poidan conceder permisos de residencia e traballo ás familias mixtas (aquelas en que algún dos seus membros non ten a nacionalidade española); traballar para axilizar a homologación de títulos universitarios e executar as medidas para combater e superar o complexo reto demográfico de Galicia desde o fomento do retorno.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas