GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda subliña que o programa de axuda ao retorno emprendedor ten permitido a posta en marcha de case 190 iniciativas empresariais en Galicia

(28/11/2019)

Miranda subliña que o programa de axuda ao retorno emprendedor ten permitido a posta en marcha de case 190 iniciativas empresariais en Galicia

 

O secretario xeral da Emigración da conta no Parlamento dun programa que permite aos beneficiarios e beneficiarias “construír un futuro laboral e unha unidade familiar con garantías” contribuíndo deste xeito a solucionar o reto demográfico que ten Galicia.

 

Salienta que a elevada demanda levou a incrementar en máis dun 50% o orzamento dunha liña que está a promover tamén a dinamización do rural e o retorno da mocidade -a idade media das e dos beneficiarios sitúase nos 42 anos-.

 

Destaca que este programa, xunto ás BEME e ás Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado, compoñen tres dos eixos fundamentais da Estratexia Retorna 2020, coa que o Goberno galego traballa para traer de volta a Galicia a máis de 20.000 galegas e galegos.

 

Sinala que as cifras de retorno indican que “imos no bo camiño”, con máis de 18.200 retornadas e retornados desde o inicio da lexislatura. 

 

 

O secretario xeral da Emigración, na súa intervención esta mañá no Parlamento de Galicia

O secretario xeral da Emigración, na súa intervención esta mañá no Parlamento de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2019.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, subliñou hoxe, durante a súa comparecencia no Parlamento, que o programa de axuda ao retorno emprendedor ten permitido ata a data a posta en marcha de case 190 iniciativas empresariais en Galicia. 

 

“Queremos que todos os emprendedores sintan que Galicia sexa a súa mellor opción para vivir”, incidiu Miranda, quen destacou que, a través desta iniciativa, o Goberno galego aspira a que os beneficiarios e beneficiarias, procedentes este ano de máis de 20 países, poidan “construír un futuro laboral e unha unidade familiar con garantías”, contribuíndo deste xeito a solucionar o reto demográfico que ten a comunidade. 

 

O titular do departamento autonómico resaltou tamén a importante demanda que está a experimentar esta liña de apoios, que levou á Secretaría Xeral a incrementar en máis dun 50% o orzamento para este ano, ata superar os 350.000 euros.  

 

“Con estas axudas estamos a incentivar o retorno de galegos residentes no exterior que queiran emprender o seu negocio, en especial daqueles mozos da diáspora que desexen ter unha nova oportunidade na terra das súas raíces”, incidiu Miranda, quen, neste sentido, valorou  que o programa está a permitir tamén o retorno da mocidade -a idade media das e dos beneficiarios sitúase nos 42 anos-, ao tempo que contribúe á dinamización do rural galego -a axuda increméntase en 2.000 euros se o negocio se establece nun concello do rural-. 

 

Emprendemento, talento e política social 

 

O secretario xeral subliñou que esta iniciativa, xunto ás Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME e ás Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado, compoñen tres dos eixos fundamentais da Estratexia Retorna 2020, coa que o Goberno galego traballa para traer de volta a Galicia a máis de 20.000 galegas e galegos. 

 

“Emprendemento, talento e política social configuran unha parte moi importante da política de retorno desta Secretaría”, incidiu Miranda, quen lembrou que a propia Estratexia conta con 15 millóns de euros para medidas específicas e 220 millóns de euros para accións transversais, abarcando dende o asesoramento e seguimento das cidadás e os cidadáns galegos da diáspora en todas as fases do retorno.   

 

Unha nova oficina 

 

Neste contexto, Rodríguez Miranda avanzou a próxima ampliación da  Oficina de Asesoramento e Seguimento do Retorno, un servizo de xanela única que proporciona unha atención integral cun asesoramento e seguimento personalizado nas áreas de emprego e formación, social e educativa, e que vai ser reforzada cunha unidade central máis ampla e persoal en todas as provincias. 

 

“Esta Oficina contará cun persoal formado no ámbito xurídico e social para facilitar unha resposta áxil aos galegos do exterior durante o proceso de retorno e facer un acompañamento de xeito persoal aos retornados”, incidiu o secretario xeral, que puxo en valor que todas estas actuacións están a contribuír á mellora das cifras de retorno á comunidade. “Os números indican que estamos no bo camiño, con máis de 18.200 retornados desde o inicio da lexislatura”, salientou Miranda. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas