GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social crece ata os 2.149.771 en outubro

(20/11/2019)

A media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social crece ata os 2.149.771 en outubro

 

foto ilustrativa

  • O crecemento interanual é do 6,92%, con 139.137 traballadores máis que hai un ano
  • Tamén se produce un incremento intermensual. Son 4.509 afiliados máis que en setembro

Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

19/11/2019

 

A Seguridade Social rexistrou unha media de 2.149.771 traballadores estranxeiros en outubro, 139.137 traballadores foráneos máis que no mesmo mes de 2018. Isto sitúa a variación interanual no 6,92%.

En outubro, tamén se rexistrou unha subida de 4.509 afiliados estranxeiros máis que en setembro.

Por réximes, a maioría dos afiliados estranxeiros está encadrada no Réxime Xeral, 1.798.918 (este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 216.548 ocupados, e o de Fogar, con 167.706). Séguenlle o Réxime de Traballadores Autónomos, con 345.944 afiliados, o Réxime Especial do Mar, con 4.859, e o do Carbón, con 50.

De entre os afiliados estranxeiros á Seguridade Social en outubro, 1.276.367 proceden de países de fóra da Unión Europea e o resto (873.404) de países comunitarios. Da cifra total, 1.204.644 son homes e 945.127 son mulleres.

Os grupos de traballadores estranxeiros máis numerosos proceden de Romanía (347.699), Marrocos (262.031), Italia (130.067) e China (108.143). Séguenlles os traballadores nacionais de Colombia (75.995), Ecuador (74.717), Reino Unido (71.807), Venezuela (62.808), Bulgaria (62.203) e Portugal (57.379).

Comunidades autónomas

En termos interanuais, a afiliación de estranxeiros sobe en todas as comunidades autónomas, salvo na Rioxa (-0,17%). Estremadura (10,54%), Galicia (10,16%) e País Vasco (8,95%) son as autonomías que máis traballadores de orixe foránea sumaron no último ano. A continuación sitúanse Navarra (8,56%), Cataluña (8,17%) e Cantabria (8,13%).

As maiores subidas en afiliación de estranxeiros no último mes producíronse en Estremadura (8,44%), Murcia (6,13%) e Castela e León (5,27%).

Este mes, a afiliación de estranxeiros descendeu en Illas Baleares (-12,15%), Castela-A Mancha (-6,69%), Aragón (-4,74%), Cantabria (-1,94%), Cataluña (-1,92%), e Asturias (-0,32%).

Os afiliados estranxeiros por comunidades autónomas distribúense así:

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas