GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A participación electoral do exterior crece, pero queda moi lonxe das cifras previas á reforma da Loreg

(18/11/2019)

A participación electoral do exterior crece, pero queda moi lonxe das cifras previas á reforma da Loreg


E. F., Vigo | 16 Novembro 2019 - Crónicas da Emigración


As solicitudes de voto de españois no exterior para participar nos comicios xerais que se celebran en España crece paulatinamente, a pesar das trabas que leva implícitas o procedemento de voto rogado, implantado en 2011 coa aprobación da reforma da Loreg. Con todo, a cifra está aínda moi por baixo das rexistradas antes da imposición deste sistema de voto, que, nalgunhas convocatorias, supuxo un descenso de máis de 25 puntos con respecto a aqueles anos.

Nas xerais do pasado 10 de novembro, segundo datos do INE (Instituto Nacional de Estatística), contabilizáronse un total de 226.050 solicitudes admitidas, o que supón o 10,6% do CERA (Censo Electoral de Residentes Ausentes), e contrasta coa participación real de 2008, que foi do 31,88%.

Con todo, a cifra de novembro é sensiblemente superior á rexistrada na cita coas urnas do pasado mes de abril, cando foron aceptadas 182.545 peticións (o 8,7% do censo), dun total de 189.450 presentadas e máis con respecto á obtida para as xerais de xuño de 2016, en que se contabilizaron 169.658 solicitudes aceptadas das 175.551 presentadas, 18.597 máis que nas xerais de decembro de 2015.

En 2011, tras a entrada en vigor da reforma da Loreg, contabilizáronse 138.031 peticións de voto desde o exterior (foron presentadas 164.943) , o que representa o 9,30% do censo do momento.

Participación real

Outra cousa é a participación real que se deriva deste engorroso procedemento de voto rogado. Concretamente, en 2011, das 138.031 solicitudes aceptadas, só puideron facer efectivo o sufraxio 73.359 electores, o que supón o 4,95% do CERA, fronte aos 384.154 (o 31,88%) contabilizados nas xerais de 2008, cando aínda non se reformora o procedemento do voto exterior.

A cifra aumentou en 2015, ano no que puideron votar 88.899 residentes no exterior, aínda que a porcentaxe de votos diminuíu ao 4,73% do censo. Nas xerais de decembro de 2016 foron 121.277 os votos entregados nas xuntas electorais provinciais (6,30%) e o pasado abril a cifra quedou reducida a 118.285 (5,63%).

Francia e Alemaña encabezan as solicitudes

Das 226.050 solicitudes do exterior aceptadas nesta última cita electoral, o maior número proceden de votantes censados en Madrid (48.047) e Barcelona (27.487), seguidos da Coruña, que rexistra 10.408, e de Asturias, que contabiliza 9.797. Valencia conta con 8.738 solicitantes, oito máis que Pontevedra, mentres que 5.845 están censados en Málaga; 5.645, en Ourense, e 5.435, en Sevilla. Con máis de catro mil figuran Alacante, Biscaia, Guipúscoa, Granada, León, Santa Cruz de Tenerife e Zaragoza.

Por países, Francia, con 34.713, é de onde proceden máis solicitudes, seguido de Alemaña, con 27.145; Reino Unido (26.026); Estados Unidos (18.173); Arxentina (17.961); Suíza (16.030); Bélxica (8.761); México (7.349); Italia (5.080), e Holanda, de onde chegaron 5.047 peticións. Algo máis de 4.000 proceden de Andorra, Brasil, Venezuela, mentres que de Chile e Uruguai recibíronse máis de tres mil.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas