GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Unha parrillada da Pobra do Brollón, testemuño da emigración a América

(18/11/2019)

Unha parrillada da Pobra do Brollón, testemuño da emigración a América

 

Unhas táboas de churrasco creadas por un emigrante retornado figuran na exposición «Galicia, un relato non mundo»

 

En la exposición recién inaugurada en la Cidade da Cultura se exhiben las tablas de churrasco diseñadas en los años 70 por el hostelero Antonio Méndez tras su estancia en Venezuela

Na exposición recentemente inaugurada na Cidade da Cultura exhíbense as táboas de churrasco deseñadas nos anos 70 polo hostaleiro Antonio Méndez tras a súa estancia en Venezuela

 


monforte / a voz 16/11/2019

Entre as múltiples pezas que se exhiben na exposición «Galicia, un relato non mundo» -inagurada o xoves na Cidade da Cultura de Santiago- hai varias pinturas e esculturas pertencentes á pinacoteca do Colexio do Cardenal e do museo de arte sacra de Monforte. Pero tamén figuran un par de obxectos de orixe máis modesta que encerran unha singular historia. Trátase de dúas táboas das que se utilizan habitualmente como pratos para comer churrasco nas parrilladas -procedentes da Pobra do Brollón- que dan testemuño do forte influxo cultural que tivo a emigración galega a América Latina.

 

As táboas pertencen a parrillada O Fogón, situada na parroquia de Cereixa e fundada en 1973 por Antonio Méndez, coñecido como Moure, un veciño desta localidade que estivo emigrado en Caracas durante unha parte da súa vida e faleceu fai uns anos. O arqueólogo Xurxo Ayán, que suxeriu a inclusión destas pezas na exposición, sinala que o referido establecemento -que segue aberto na actualidade- «foi a primeira parrillada da provincia de Lugo e unha das primeiras de Galicia». O deseño destas táboas, engade, é orixinal do propio Antonio Méndez, que ideou o primeiro modelo coa axuda dun carpinteiro de Cereixa. «Nesa época as parrilladas aínda eran algo descoñecido en Galicia e Méndez foi un dos primeiros que trouxeron de América esta innovación gastronómica», comenta.

 

Éxito e propagación

 

Ayán apunta así mesmo que o modelo de táboa de churrasco deseñado polo emigrante retornado de Cereixa -co característico oco para depositar as salsas- foi imitado despois en moitos dos establecementos deste tipo que se abriron por todo o territorio galego debido ao éxito que coñeceron as parrilladas a partir dos anos 70. «Méndez creou unha tendencia axudando a introducir en Galicia un tipo de comida que por outra parte é unha influencia dos pobos indíxenas de América do Sur e que en Venezuela procede das tribos amazónicas», explica. O hostaleiro inventou ademais dous tipos de salsa cuxos ingredientes só foron coñecidos por el mesmo e o seu fillo.

 

A exposición, a primeira das grandes mostras culturais que organiza a Xunta con motivo do Xacobeo 2021, pretende ilustrar as relacións que mantiveron Galicia con outros países e rexións do mundo a través dos séculos mediante unha ampla selección de pezas arqueolóxicas, obras artísticas e múltiples obxectos e documentos de gran valor histórico.

 

As táboas de churrasco creadas por Antonio Méndez exhíbense nunha sección dedicada á emigración galega. As pezas comparten espazo na exposición con elementos tan destacados como os manuscritos orixinais do Códice Calixtino, os cancioneros medievais gallegoportugueses ou o Libro das invasións de Irlanda, onde se menciona por primeira vez ao mítico Breogán.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas