GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O XII Consello de Comunidades Galegas centrará os seus traballos no papel da emigración nas políticas culturais e sociais e na aposta polo retorno e a galeguidade

(14/11/2019)

O XII Consello de Comunidades Galegas centrará os seus traballos no papel da emigración nas políticas culturais e sociais e na aposta polo retorno e a galeguidade

 

O plenario, que se celebrará en Santiago os días 3 e 4 de decembro, abordará, a través de 4 relatorios, a situación actual da colectividade e os campos nos que seguir impulsando o desenvolvemento da Galicia exterior e as posibilidades de retorno.

 

Trátase da primeira vez que o retorno conta cun relatorio propio no Consello, froito da crecente importancia que a volta á casa das galegas e os galegos do exterior está a experimentar.

 

Durante dous días, as e os 120 representantes das entidades galegas no exterior debaterán e achegarán ideas e proxectos na procura de seguir traballando xuntos a prol da colectividade. 

 

Imaxe de arquivo do XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas, celebrado en 2016 no antigo Palacio do Centro Galego da Habana

Imaxe de arquivo do XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas, celebrado en 2016 no antigo Palacio do Centro Galego da Habana

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2019.

 

O XII Consello de Comunidades Galegas, que se celebrará en Santiago os vindeiros días 3 e 4 de decembro, centrará os seus traballos no papel da emigración nas políticas culturais e sociais, así como na aposta decidida polo retorno e a galeguidade  

 

Neste sentido, o pleno, que se configura como o órgano representativo das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia, atenderá, de modo prioritario, a estas 4 grandes áreas, impulsando 4 relatorios que permitan coñecer en profundidade a situación actual da colectividade e os campos nos que seguir impulsando o desenvolvemento da Galicia exterior. 

 

Así, afondarase no papel que está a xogar hoxe en día o retorno á Comunidade de galegas e galegos residentes no exterior, tanto desde o punto de vista da volta do talento galego como desde a importancia que pode ter ante o reto demográfico que está a afrontar Galicia. Cómpre salientar que esta é a primeira vez que o retorno conta cun relatorio propio no Consello, froito do destacado crecemento que a volta a casa das cidadás e os cidadáns galegos do exterior está a experimentar

 

Ademais, o plenario permitirá resaltar a relación entre a emigración e a cultura galega. Non en van, as distintas comunidades no exterior constitúen un verdadeiro patrimonio cultural que convén seguir poñendo en valor. Así mesmo, e ante o próximo Xacobeo 2021, o Consello realzará o papel dos centros galegos e a súa relación co Camiño de Santiago como eixo vertebrador de Galicia, España e Europa no mundo. 

 

O terceiro relatorio centrarase na importancia das políticas sociais na procura de sumar esforzos entre entidades galegas para seguir a impulsar proxectos de atención a favor das e dos galegos do exterior en situación de maior vulnerabilidade. 

 

E no tocante a galeguidade, o Consello permitirá destacar, unha vez máis, o imprescindible papel que xogan todos os centros e casas galegas espalladas polo mundo, tanto na conservación e transmisión da nosa cultura como no desenvolvemento de accións informativas para as distintas comunidades galegas. O obxectivo é abordar os retos que se teñen por diante no camiño conxunto que entidades e Goberno galego deber percorrer para dar resposta ás necesidades do século XXI.  

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas