GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda subliña que a historia da emigración galega a Cuba é o “fiel reflexo dos fortes lazos que desde hai séculos unen estreitamente ambas terras”

(08/11/2019)

Miranda subliña que a historia da emigración galega a Cuba é o “fiel reflexo dos fortes lazos que desde hai séculos unen estreitamente ambas terras”

 

O secretario xeral da Emigración participa na conferencia ‘A presenza galega na Habana’, promovida polo Consello da Cultura Galega con motivo do 500 aniversario da fundación da cidade da Habana.

 

Salienta que “coidar a nosa colectividade na illa é reforzar un dos vínculos máis antigos coa Galicia exterior”. 

 

“Galicia garda con Cuba unha inmensa débeda cultural e infinidade de lazos, como ben podemos comprobar nesta xornada”, sinala. 

 

O secretario xeral da Emigración, na súa intervención esta mañá no Consello da Cultura Galega

O secretario xeral da Emigración, na súa intervención esta mañá no Consello da Cultura Galega

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe na conferencia A Habana Galega, promovida polo Consello da Cultura Galega no marco dos actos conmemorativos do  500 aniversario da fundación da cidade da Habana. Un escenario no que o titular do departamento autonómico fixo fincapé na historia da emigración galega a Cuba como “fiel reflexo dos fortes lazos que desde hai séculos unen estreitamente ambas terras”. 

 

Así, durante o coloquio –que se celebrou na sede do CCG e que contou coa participación da propia presidenta do Consello, Rosario Álvarez, da adxunta á Valedora do Pobo, María Xosé Porteiro, e da a consulesa xeral de Cuba en Galicia, Yahima Martínez Millán-, Miranda afondou na historia da emigración galega na illa. Unha historia que se manifesta hoxe en día nos máis de 43.000 galegos e galegas que viven en Cuba, a maioría delas e deles descendentes de emigrantes que naceron xa na illa. 

 

“Como ben dixo Neira Vilas, sen o relato da diáspora, a nosa historia estaría mancada. Fai décadas, a emigración galega abriuse paso como un camiño cara unha vida mellor. E en moitos casos, ese camiño chegou a Cuba, facendo da Habana un dos lugares máis transcendentes do galeguismo. E nós nin podemos nin queremos esquecelo”, salientou Miranda, quen lembrou que, entre outros fitos, na Habana cantouse por primeira vez o Himno galego, izouse a nosa bandeira ou xurdiu a Real Academia a comezos do século XX. 

 

“Pero máis alá dos símbolos, Galicia garda con Cuba unha inmensa débeda cultural e infinidade de lazos, como ben podemos comprobar nesta xornada”, proseguiu o secretario xeral, quen apuntou algúns daqueles “lugares que simbolizan a presenza galega na Habana”: o antigo Centro Galego da Habana (hoxe, Gran Teatro de La Habana Alicia Alonso), os teatros de Payret e Fausto, os hospitais Hijas de Galicia e La Benéfica, o Instituto de Literatura Lingüística, ou a Sociedade Cultural de Rosalía de Castro.  

 

Uns fitos que poñen en valor a “estreita relación entre Cuba y Galicia, que chega ata os nosos días a través deses miles de galegos que seguen a desenvolver as súas historias e proxectos persoais na illa”. Por este motivo, salientou Miranda, “coidar a nosa colectividade cubana non é senón reforzar un dos nosos vínculos máis antigos coa Galicia exterior”.    

 

No marco da celebración destes 500 anos da fundación da Cidade da Habana, o Museo do Pobo Galego acolle a exposición O soño cubano da emigración galega. Esta mostra, impulsada tamén polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral, é un fiel retrato das inquietudes e aspiracións das galegas e galegos emigrantes que chegaron á illa dende finais do século XIX. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas